CANDIDATOS/AS REPRESENTANTES CONSELLO ESCOLAR

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

De acordo coa Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa,pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

 

. De acordo co disposto no artígo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira, corresponde elexir no presente proceso electoral a dous pais/nais,e dous suplentes dun total de cinco que debe ter o Consello Escolar. Os outros tres representates de pais continúan como consecuencia da súa elección.

 

Adxúntanse as instrucións e calendario sobre a renovación do Consello Escolar. 

SOLICITUDE DOBRE ASIGNACIÓN PARADA

DESCARGAR o documento para solicitar a dobre asignación.

INSTRUCCIÓNS DA DIRECCIÓN XERAL DE MOBILIDADE DA CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA,XUSTIZA E DEPORTES SOBRE A XESIÓN DO SERVIZO DE TRANSPORTE DE ESCOLARES

No novo Decreto 42-2024 de Estructura Orgánica da Xunta de Galicia determinouse que a competencia na xestión do Transporte Escolar de todos os Centros Educativos Públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, sexa asumida pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes a través do Servizo de Mobilidade.

 

Os asuntos relacionados co transporte escolar (inicidencias, novas paradas de transporte escolar, itinerarios, reestructuracións ou novas necesidades de transporte para o vindeiro curso escolar, pasarán a resolverse no Servizo de Mobilidade de A Coruña.

 

Dende o centro e para facilitar a lectura das instruccións adxuntamos 2 documentos:

 

1º O primeiro onde vai o máis importante e a nova modificación de utilización de dúas paradas por un/ha mesmo/a usuario/a.

 

INSTRUCCIÓNS

 

2º Documento completo

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR | Curso 2024-2025 (Ed. Primaria)

Desde o martes 21/5/2024 ata o venres 21/06/2024 está aberto o prazo para solicitar axudas para Material Escolar para o alumnado de Ed. Primaria que no próximo curso 2024/2025

 

FORMA DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

  • Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica  [iniciar].

IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.

NECESITARÁ ter: A) conta de Chave365, ou B) ter instalado certificado dixital (guía) ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma

  • Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo [iniciar].
  • Presencial manual: cubra os Anexo I e II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.

 

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA

  • Especificase no artigo 11 da Orde de convocatoria
  • NON será necesario xuntar coa solicitude os DNIs, NIEs, acreditacións de discapacidade expedidas pola Xunta, acreditacións de pensión por incapacidade, ou declaracións de IRPF, sempre que NON sinale oposición á comprobación telemática pola administración (para a declaración de IRPF requírese autorización expresa) [artigo 12 da Orde de convocatoria]
  • A administración poderá reclamar a presentación de documentación cando non sexa posible a verificación por vía telemática

 

MÁIS INFORMACIÓN

DISTRIBUCIÓN DE TRANSPORTE 2023-2024

%

Listados de material 2º Nivel

Listado de material 1º nivel

Distribuir contido