|
|
Lume, xogos e castañas... O terrorífico Samaín co que rematamos o mes de outubro deu paso a un novembro cheo de cucuruchos de papel con castañas recén feitiñas e choripáns. Que comecen os xogos! Contamos un ano máis co alumnado do IES Álvaro Cunqueiro que liderou cada grupo para explicarlle as normas dos nosos xogos tradicionais e guialo nesta xornada lúdica. Saltos, carreiras, equilibrios, lanzamentos, bailes e algunha que outra aterraxe forzosa. |
|
|
Mentras a rapazada gozaba dos xogos, un grupo de nais e pais estivo a tope coa preparación do lume, picado e asado das castañas e tamén coa elaboración do choripán para repoñer forzas. |
O noso agradecemento ao profesorado e alumnado do IES Álvaro Cunqueiro pola súa cooperación na organización e desenvolvemento dos xogos e ás familas que colaboraron no Magosto. |