LUCES, CÁMARA... ACCIÓN! |
Imaxe por freepik |
O cine desembarca no Celso para encher as aulas da maxia da sétima arte. Neste curso levaremos a cabo un proxecto multidisciplinar focalizado no desenvolvemento de competencias clave e centrado na temática do cine. A progresiva chegada de equipamento e material, enmarcados no proxecto de Polos Creativos, permitiranos ir creando distintos espazos de aprendizaxe nos que se realizarán as tarefas dos miniproxectos bimensuais que temos programado e nos que o protagonismo estelar será para o noso alumnado. E xa comezamos o primeiro día de clase coa música de bandas sonoras de películas que sustitúen ao timbre tradicional nas entradas e saídas e nos cambios de clase. Por certo... conseguistes descubrir a que película corresponde cada banda sonora? |