Skip to Content

É a cuarentena

O hit do verán no Celso Emilio Ferreiro

O resultado foi o seguinte: 

 

Proceso de realización de  a canción “É a cuarentena” 

1.- A proposta dos profesores de Lingua Galega de 6º de primaria;  Emilio e Cristina; xunto co profesor de música, Ismael, concretaron facer unha canción para estes momentos tan especias que estamos a vivir toda a comunidade escolar.

2.- O primeiro que se fixo foi compoñer a música, cando así se fixo, se lla enviou ao alumnado para que  lle escribira  unha letra, tendo en conta que tiña que tocar dúas temáticas: 

- Que tivera un aire positivo e realista de cara á situación.

- Que fixera referencia a celebración dun aniversario, para así deste xeito podela usar cando algún alumna/o estivera de conmemoración.

3.-  Cando alumnado de 6º A e B enviaron as propostas, fixéronse os axustes necesarios, o profesorado escolleu de cada poema aqueles versos que mellor encaixaban ca música e se chegou á letra final da canción cuxo título é “É a cuarentena”.

4.- Volveuselle enviar a música  á comunidade escolar , pero agora con letra para que escoitando e lendo a practiquen, e así deste xeito graben un video e nolo fagan chegar para facer un montaxe con todos e todas cantando “É a cuarentena”.

Aiquí mostramos as letras que escribiu o alumnado as cales serviron para chegar á letra final, polo que tanto os profesores de L.G. de 6º, o profe de música e o alumnado foron compositores do “hit” desta temporada, “É a cuarentena”.

É a cuarentena

Vas colaborar,

quedándote na casa,

Non vas sair.

A mascarilla,

que vas ter que por,

se non ques enfermar, non.

(Retrouso)

Este virus é un pesadelo,

imos vencelo,

cada tarde saímos ao blacón,

e aplaudiremos un montón.

Vai ser moi enxebre,

imos celebrar,

parabéns no teu día,

imos bailar.

Un gran biscoito,

imos cociñar,

a gran festa na casa.

(Retrouso)

É a cuarentena

 Vas colaborar,

 quedándote na casa,

 imos bailar.

 Un gran biscoito,

 imos cociñar,

 a gran festa na casa,

 Na cuarentena.

 



Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

page | by Dr. Radut