Cantiga interpretada polo alumnado de 6ºA no curso 2019-2020.
Pincha na letra da cantiga para poder escoitala.
Eu son mariñeiro da beira do mar
teño unha lanchiña pra ir navegar,
pra ir navegar, pra ir navegar,
eu son mariñeiro da beira do mar.
Pra ser un bon mariñeiro tres condicións hai que tere,
coñece-lo mar i os barcos e non ter medo a morrere,
non ter medo a morrere, ai lalelo, ai lalala.
Eu son mariñeiro da beira do mar
teño unha lanchiña pra ir navegar,
pra ir navegar, pra ir navegar,
eu son mariñeiro da beira do mar.
Fun dende Vigo a Moaña remando nunha lanchiña,
vin pasar o berberecho detrás da berberechiña.
Eu son mariñeiro da beira do mar
teño unha lanchiña pra ir navegar,