FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2023-2024

22/05/2023 10:49

Aberto Prazo do 20 de maio ao 21 de xuño de 2023

  1. FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
  2. AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO: alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria.
  3. AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR: alumnado matriculado en Educación Primaria.

FORMA DE PRESENTACIÓN:
Poderase realizar a solicitude de xeito electrónico (precísase a Chave 365 ou certificado dixital) accedendo á aplicación Fondolibros, e unha vez que se teñan cubertos todos os datos deberase gardar, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:

  • Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Con esta opción non terían que vir ao centro polo que é a máis recomendable .
  • Presentación no centro: Neste caso imprimirase a solicitude e o anexo II e presentarase no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación (libro de familia, sentenza de divorcio e/ou certificado de minusvalía se é o caso. O horario de atención ao público será de 10:00h a 13:00h.

 Descarga do formulario (Anexo I e II)

Se o desexa poderá acudir ao colexio a recoller o formulario para cubrilo na casa e presentalo no centro.

ORDE do 10 de maio do 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2023-2024 (código de procedemento ED330B).

PUBLICACIÓN DE LISTAXES: DATAS

As listaxe  serán publicada nas seguintes datas:

  • O 3 de xullo do 2023: Provisional 
  • O 10 de xullo do 2023 se publicarán as listaxes definitivas.

A Dirección.

16.01-06.02.2023:APERTURA PRAZO DE RESERVA DE PRAZA EN CENTRO ADSCRITO

18/01/2023 09:31

Informamos que do 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro está aberto o prazo para facer reserva de praza para centro adscrito.

Alumnado ao que vai dirixido:

  • Alumnos de 6º de Primaria que continuarán os seus estudos no IES Leliadoura.
  • Alumnado da Capela que vaian a cursar Primaria no noso centro.

Deberán facer a entrega da documentacion que se achega no prazo establecido no centro donde o seu fillo/a está cursando estudos. Tamén poderán facer esta solicitude por medio da Sede Electronica da Xunta de Galicia a través do certificado dixital do responsable á cal poderán acceder por AQUÍ.

O documento  de solicitude a cumprimentar son:

INFORMACIÓN RELATIVA AO PROCESO DE ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022-2023

21/10/2022 11:10

De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario  Para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, iniciamos o proceso para a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores da comunidade educativa do centro.

Estimadas familias:Informamos que ata o 14 de setembro do 2022 estará aberto o prazo para solicitar as axudas municipais de libros, material escolar e comedor destinados a alumnos/as dos centros docentes públicos e concertados

01/09/2022 01:19

Estimadas familias:

Informamos que dende o día 24 de agosto ata o 14 de setembro do 2022 estará aberto o prazo para solicitar as axudas municipais de libros, material escolar e comedordestinados a alumnos/as dos centros docentes públicos e concertados de educación infantil, educación primaria e secundaria para o curso académico 2022-2023 dirixidas a familias do Concello de Ribeira.

Podedes acceder á noticia ao completo a través deste enlace, premendo aquí.

Anexos a cubrir:

 Por outra banda, detallamos os requisitos para os posibles beneficiarios  (aos que poderán optar a estas subvencións as persoas que reúnan as seguintes condicións) :

a) Que a unidade familiar de convivencia estea empadroada no Concello de Ribeira.

b) Convivir cos/as alumnos/as para os que se solicitan as axudas.

c) Que os/as alumnos/as para os que se solicitan as axudas estean matriculados/as ou teñan reserva de matrícula

en centros públicos ou concertados, en segunda etapa de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.

d) Ter presentada a solicitude e documentación no prazo e forma legal establecido.

e) Que os centros educativos para os que se solicita a axuda estean situados no termo municipal de Ribeira.

f) Que a capacidade económica da unidade familiar de convivencia non exceda do 100% do IPREM en termosanuais (8.106,28 euros)

Sendo reforzadas para as situacións de:

    • Alumnos e alumnas en situación de acollemento familiar.
    • Familias Numerosas 
    • Situación de violencias de xénero 
    • Familias monoparentais 
    • Persoas beneficiarias valoradas con discapacidade 
    • A conciliación laboral-familiar para a concesión de axudas de comedores escolares. 
    • Familias con menos ingresos.

Saúdos, a Dirección

 

Listaxe de libros do curso 22/23

13/07/2022 12:40

No seguinte adxunto poden descargar a listaxe de libros para o vindeiro curso 22/23.

Gañadores do premio "Atrévete a ter unha idea"!

13/06/2022 13:34

Os alumnos/as de 5º e 6º do noso colexio acaban de ser premiados na categoría grupal do concurso "Atrévete a ter unha idea" do programa Eduemprende da Xunta de Galicia co seu proxecto "Hidrocultivo", onde levaron a cabo unha idea de negocio mediante a creación dun horto hidropónico.

Parabéns aos gañadores/as, os cales o martes 21 irán xunto coa sua mestra e o director a Santiago á entrega de premios.

Estamos moi orgullosos de vós!

I MOSTRA DE FOTOGRAFÍA "O XIGANTE DE AREA"

30/05/2022 13:45

O CEP de Carreira comprácese en convidarvos á I Mostra de Fotografía "O Xigante de Area".

Esta, terá lugar no CIELGA e estará aberta ao público dende o mes de xuño ata o mes de setembro.

Esperamos que vos guste!

Convocatoria Fondo Solidario libros de texto e material escolar

19/05/2022

ABERTO PRAZO !!

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

CURSO 2022/2023

 

  Aberto Prazo do 19 de maio ao 22 de xuño de 2022

 

  1. FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: alumnado matriculado en 3º e 4º de Educación Primaria.
  2. AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO: alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria.
  3. AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR: alumnado matriculado en Educación Primaria.

 

FORMA DE PRESENTACIÓN:

Poderase realizar a solicitude de xeito electrónico (precísase a Chave 365 ou certificado dixital) accedendo á aplicación Fondolibros, e unha vez que se teñan cubertos todos os datos deberase gardar, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:

  • Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Con esta opción non terían que vir ao centro polo que é a máis reconmendable debido á situación na que nos atopamos.
  • Presentación no centro: Neste caso imprimirase a solicitude e o anexo II e presentarase no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación (libro de familia, sentenza de divorcio e/ou certificado de minusvalía se é o caso. Só poderá vir unha persoa por familia e deberá traer máscara protectora. O horario de atención ao público será de 10:00h a 13:00h.

 

Descarga do formulario (anexos I e II) 

Se o desexa poderá acudir ao colexio, tomando todas as medidas de precaución, a recoller o formulario para cubrilo na casa e presentalo no centro.

 

 ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2022/23 (código de procedemento ED330B).

 

  Preme aquí para acceder ao resumo da Orde.

A Dirección.

PUBLICACIÓN DE LISTAXES: DATAS

As listaxes serán publicada nas seguintes datas:

  • O 4 de xullo do 2022: Provisional 
  • O 7 de xullo do 2022 publicaranse as listaxes definitivas.

A Dirección.

PROCESO DE ADMISIÓN

25/04/2022 09:18

COMO O NÚMERO DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN PRESENTADAS NON SUPEROU O NÚMERO DE PRAZAS OFERTADAS NON É PRECISO BAREMAR.

Distribuir contido