INFORMACIÓN NOVAS MEDIDAS COVID19

17/01/2022 13:54

NOVAS MEDIDAS COVID-19

Á espera da publicación do novo PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2021-2022 por parte da Conselleria de Educación, destacamos a continuación os aspectos principais das novas medidas COVID19 a ter en conta en caso de que se notifique algún caso de contaxio activo:

  • Ante un contaxio notificado pola Consellaría de Sanidade dentro na mesma aula:
    • No caso de alumnado menor de 12 anos, ante a aparición dun primeiro caso nunha aula e ata un total dun 20%, o alumnado non realizará corentena, independentemente do seu estado vacinal.
    • Ata un 20% do numero de alumnos por aula confirmados de infección activa, non xera contactos estreitos nin confinamento, polo que pode seguir acudindo ao centro, extremando as medidas de precaución e vixiando a aparición de síntomas compatibles coa Covid-19.
    • No caso de superar ese 20% na mesma aula de casos confirmados de infección activa seguiranse as pautas xerais para a determinación das corentenas dos contactos estreitos. Neste caso, esta corentena será de 7 días desde o inicio de síntomas do último caso confirmado (sempre que non se desenvolvan síntomas durante este período).
  • O alumnado, profesorado ou outro persoal que presente síntomas respiratorios compatibles con COVID-19, independentemente do seu estado de  vacunación, non  deberá acudir ao centro educativo ata que teña un resultado dunha proba  diagnóstica ou no caso de que non fose posible realizar proba diagnóstica, ata que finalice o período de illamento de 7 días mínimo sempre que transcorresen 3 días desde o fin do cadro clínico/ sen síntomas.
  • As persoas da comunidade educativa que sexan caso confirmado deberán permanecer 7 días en illamento. Pasado este tempo, e sempre que non tivera síntomas durante cando menos os 3 últimos días, poderá incorporarse ao centro, mantendo unha vixilancia activa sobre a aparición de posibles síntomas ata completar polo menos 10 días desde o inicio do illamento.
  • Nin o alumnado, nin o persoal do centro, en ningún caso require de proba algunha para reincorporarse ao centro.
  • Os autotest non requirirán dunha proba complementaria para confirmar o caso.
  • A definición e contacto estreito non variou: persoa que pasa máis de 15 minutos a menos de 2m dun caso positivo ata as 48h antes da consideración de inicio da enfermidade (inicio de síntomas ou toma de mostra para proba diagnóstica) sen uso axeitado de medidas de protección (máscara).
  • O persoal docente e non docente, así como o alumnado de 12 ou máis anos, que teña a consideración de contacto estreito seguirá as indicacións de corentena que se propoñen para a poboación xeral de acordo á Adaptación da Estratexia de detección precoz, vixilancia e control, publicada o día 30 de decembro de 2021. Así, as persoas con pauta vacinal completa, salvo as excepcións previstas no documento citado, non terán que facer corentena.
  • Os centros de educación especial considéranse contornos vulnerables e aplícaselles o indicado na Adaptación da Estratexia de detección precoz, vixiancia e control.

 Para revisar estes aspectos en maior profundidade poderán acceder ao enlace dos documentos publicados polo Ministerio de Sanidade:

  1. Propuesta de refuerzo y adaptación de las medidas de prevención COVID-19 en centros educativos y centros universitarios para el reinicio de la actividad presencial en enero de 2022.
  2. Adaptación de la guía de actuación ante la aparición de casos de COVID-19 en centros educativos a un contexto de alta circulación de virus SARS-CoV-2
  3. Infografía de refuerzo de medidas COVID-19 centros educativos
  4. ***Protocolo de Adaptación ao Contexto da COVID19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2021-2022 - Versión publicada 01.10.2021***

Para o seu interese pode descargar o modelo de Declaración Responsable para a xustificación das faltas do seu fillo/a.

AdxuntoTamaño
modelo_declaracion_responsable_familias_0(2).pdf462.87 KB