Estimadas familias:
Informamos que segundo a publicación no DOG da ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E). onde se establecen as medidas para regular a dotación de máscaras para o alumnado, resumimos indicando que:
- Será beneficiario todo o alumnado que recibiu a axuda para adquirir material escolar no curso 2021/2022. Este alumnado NON ten que presentar ningunha solicitude.
- Será beneficiario das máscaras, directamente, o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar e, logo de solicitude e comprobación da renda per cápita da unidade familiar, o resto do alumnado que non foi beneficiario por diferentes circunstancias, sempre que reúna o requisito:
- Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000€.
- Estea matriculado en educación especial.
- Estea suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %.
Este alumnado deberá presentar a solicitude de xeito presencial no centro. O prazo para a presentación é dende o día 15 ao 26 de novembro de 2021. O impreso de solicitude pódese descargar no seguinte enlace ou recoller no centro.
Saúdos, a Dirección.