try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEP Xosé Mª Brea Segade
E-mail: cep.brea.segade@edu.xunta.es

Campaña conxunta de recollida de sinaturas da ANPA Brea Segade e a ANPA Os Gudiños

Lembrámosche que dende o pasado luns 9 de setembro temos activa unha campaña de recollida de sinaturas de xeito conxunto coa ANPA Os Gudiños do CEIP ADR Castelao co fin de reclamar o mestrado necesario para as nosas escolas.

Se queres contribuír coa túa firma, os puntos de recollida de sinaturas en Taragoña son: Libraría Pazos, MercaMás Taragoña, estación de servizo Valcarce de Taragoña (Soto) e Aliprox Taragoña.

Grazas pola túa colaboración!