try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEP Xosé Mª Brea Segade
E-mail: cep.brea.segade@edu.xunta.es

Responder ó comentario

O 11 de setembro, as familias baleiran as aulas

 

Dende a ANPA do Brea Segade temos a intención, coa axuda das familias, de NON LEVAR AXS NENXS ÁS ESCOLA O DÍA 11 DE SETEMBRO, tanto en terceiro de primaria coma no resto de cursos.

LEMBRAMOS QUE A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN NOS DENEGOU UN/HX MESTRX DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARA ATENDER O DESDOBRAMENTO DA UNIDADE DE TERCEIRO E UN/HX MESTRX DE AUDICIÓN E LINGUAXE A TEMPO COMPLETO PARA ATENDER AO ALUMNADO NEE E NEAE. 

As familias que poidamos tamén nos concentraremos diante da escola e animamos do mesmo xeito a unirse a todx aquel que poida e empatice coa nosa situación.

No caso de que queirades traer axs nenxs, é IMPORTANTE que veñan convosco, non no autobús, e que o fagades A PARTIRES DAS 09:30 (DESPOIS DE COMEZAR O HORARIO ESCOLAR).

Podedes traer tamén algo azul para apoiar a iniciativa que tiñamos coas ANPAs de Rianxo para mañá, e coa que nós temos a intención de continuar.

SE POLA TARDE NON TIVESEMOS RESPOSTA DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, FAREMOS O MESMO O XOVES, E TAMÉN O VENRES: NON LEVAREMOS ÁS NOSAS CRIANZAS Á ESCOLA.

Se isto non surtise efecto, volveremos falar coas familias e continuaremos a protesta nos mesmos termos durante toda a semana seguinte, do 16 ao 20 de setembro.

O profesorado da escola apoia as reivindicacións da ANPA e das familias e non iniciará o temario ata que se reincorpore o alumnado.

Agradecemos o apoio das familias, asociacións e persoas que queiran sumarse ás nosas reivindicacións.

NÓS NON IMOS CONSENTIR QUE SE ABANDONE ASÍ Á ESCOLA E ÁS NOSAS CRIANZAS.

Responder