Aida Barros Ces.

  • Estiven no Brea Segade entre 2007 e 2012, entrei en 2º de Primaria.
  • O que máis teño presente a día de hoxe son todas as actividades que faciamos ao longo do ano. Recordo que o primeiro ano que entrei ao Brea en segundo de primaria estaba chea de medo e nerviosa o día de Samaín subindo as escaleiras para clase con todo decorado, os festivais de fin de trimestre, os recreos xogando un partido de baloncesto épico con Xosé Luís, o enterro do Toribio con Tino vestido do papa, a última clase de inglés antes das vacacións de Pascua xogando con Cova a buscar ovos de chocolate pola clase adiante, os partidos de brilé nas clases de educación física con Esperanza, as horas nas aulas de plástica preparando os disfraces de entroido con Martín en sexto de primaria... Non son tan maior, pero xa sinto a morriña deses días.
  • Co tempo, coma todo, cambiou. Distintos profesores, distintos rapaces e rapazas polas aulas e corredores, cambiaron as clases, os horarios tampouco son os mesmos, houbo cambios e reparacións, ... Cambiaron moitas cousas, pero creo que a escola segue tendo a mesma aura que cando estiven eu e cando tamén pasou por ela meu irmán. Segue sendo o mesmo Brea que recordo.
  • Sinceramente, estou moi contenta de que o Brea siga adiante. Foron dos mellores anos de todos os que estiven a estudar e, aínda que a día de hoxe sei que hai menos nenos que cando entrei eu, alégrome de que poidan pasar eses anos gozando do Brea como o fixen eu no seu momento.

Carlos Sende Beiro.

  • Estiven no Brea Segade entre 1990 e 1994.
  • POis recordo con moito cariño os 4 ou 5 partidos que se xogaban ça vez no recreo, na pista de fútbol sala na que agora está feito o polideportivo.
  • Si que cambiou: a biblioteca, o chamado Madison antes era ao aire libre, incluso estiven cando lle puxeron o primeiro teito.
  • Moito, foi unha das etapas que máis recordo da miña vida.


Eva Mª Vidal Places.

  • Estiven no Brea de 1994 a 1998, de 3º a 6º de Primaria. 
  • Sen dúbida do que máis me lembro é dos recreos. Daquela non tiñamos moitas das cousas das que disfrutan agora os nosos nenos, pero sempre había con que entreterse. Recordo levar a bolsa coas canicas para intercambiar e xogar facendo os buratos na terra, ou pasar o tempo dando volteretas nas barandas que marcaban o límite do desnivel do patio de arriba co que hoxe eles coñecen como o Madison, que para nós era o patio cuberto. 
  • Cando agora o meu fillo me fala de cando lles toca o campo de fútbol, cóntolle como eran os nosos caóticos partidos, onde xa non sabías quen marcara porque ademais das dúas porterías había outra no medio, que servía para os dous campo ao mesmo tempo e só eran tres paus sen rede. E coma estas, moitísimas máis cousas! En canto ao día a día na aula, non podo esquecerme daquel 5º e 6º con Don Juan como titor e a súa famosa "Juanifasia", unha vara coa que daba uns toquiños para que atenderamos se estabamos falando cos compañeiros. E por suposto,Tino, andando por todo o colexio e do que, teño que recoñecer, que daquela, eu víao como un conserxe gruñón. 
  • As primeiras semanas non me gustaba estar alí porque eu estaba moi contenta na escola de Cuvide, pero teño que dicir que pasado ese período, xa estaba cómoda alí e cando chegou a hora de marchar para o IES Félix Muriel, pasoume o mesmo que catro anos antes e tampouco quería marchar. A día de hoxe gústame que os meus fillos teñan a posibilidade de poder ir ao mesmo colexio que fun eu no seu día. Ver que, como debe ser, se foi adaptando en moitas cousas aos tempos nos que nos atopamos, etc. Aínda así teño que dicir que me tería gustado que as institucións competentes nesa materia ao longo de todos estes anos, renovasen, aínda que fose un pouco, a infraestrutura do colexio, xa que cando volvín entrar nel, foi como volver 30 anos atrás... as paredes, chans, portas...todo esa igual!  Aínda así, sempre hai tempo para que se sigan facendo melloras en todos os ámbitos.  

Antonio Claro Rial. 

  • Estiven no Brea entre 1998 e 2002.
  • Cando eu comecei aínda non se trasladara o que a agora é a ESO a Rianxo, ao instituto, eramos uns nenos convivindo con rapaces de bastante máis anos, polo que ao principio andabamos con bastante coidado e timidez.  Recordo con especial cariño ao conserxe, Tino, que sempre estaba para botar unha man e dar as súas mostras de afecto. 
  • A verdade é que cambiou moito, dende o polideportivo feito, o recente muro exterior, interiormente constame que tivo bastantes cambios en diferentes aulas... Tócame recoñecer que cos anos mellora!
  • Si, gárdolle moito cariño, por circunstancias laborais tocoume volver uns meses ao colexio, coincidindo cunha profesora e Tino unicamente, pero cada día que entraba alí esa nostalxia total, recordos... Iso é un sinal do ben que estiven e de tanto que me gustou. Foi unha sorte poder pasar os catro anos que pasei alí da miña infancia. 

Silvia Ces Calvo. 

  • Estiven no colexio desde 1984 ata 1989.
  • Foi a mellor época da miña vida! Era un colexio novo e tiña as mellores instalacións do momento... lembro que eramos un montón de alumnos, máis ou menos 400. O timbre do recreo soaba tan forte que críamos que se sentía en Campo de Pazos!! Todo eran xogos e risas (tamén estudiamos, he, he, he). Na entrada do cole había un coche verde que traía chuches. 
  • Moitísimo! O último día que estiven dentro fixen un "mapa mental" de como estaba antes e vaia si cambiou! Aínda que hai cousas, como a biblio, que seguen no mesmo sitio, pero a organización é moi diferente a como estaba. 
  • Encántame! O Brea sempre tivo un "alma" especial e penso que continúa dentro e contaxia a quenes están tanto ensinando como aprendendo. Moitos anos para o Brea!!

Susana Irene Otero Fungueiriño.

  • Eu fun a Campo Maneiro á escola Brea Segade no ano 1988 en 3º de EXB e despois en 8º de EXB.
  • As lembranzas que teño son a primeira impresión da cantidade de newnos que había e o pequena que era eu. De coñecer moita xente. De Tino, o conserxe. E como non pode ser doutra forma das voltas que dabamos todos os alumnos ao redor do colexio. Dos primeiros amores. Do medo que me daba Rodolfo e o moito que me ensinaba o de Sociais. De xogar ao voleibol. 
  • O colexio si cambiou moito, agora son moi poucos nenos, hai comedor e moitas actividades extraescolares. 
  • Gústame moito e gustábame máis cando eu estaba por como o vivía eu, sin preocupacións, pero en xeral está moi coidado, con agarimo para os alumnos. 

Belén Rial.

  • Estiven no Brea Segade desde 1991 ata 1997.
  • Foi onde pasei a miña infancia aprendendo moito cos meus compañeiros e os profesores e tamén lembro que o noso conserxe era Tino. 
  • Antes había moitas máis clases de cada curso, que agora están adaptadas para oputras cousas. Non existía o Madison e podiamos andar ao redor do colexio. O patio antes era máis grande e collía a zona do pavillón.
  • Gústame o colexio aínda que sempre hai cousas que se poden mellorar e sobre todo gústame que os meus fillos puideran ir ao mesmo colexio que a súa nai. 

Alejandro Miguéns Martínez.

  • Entrei no Brea Segade no 2006 e marchei no 2012. 
  • Lembro que fixen moitos amigos e que o pasaba ben, sobre todo nas clases que me gustaban máis, as da profesora Esperanza e de Xosé Luís. 
  • O exterior e o patio é moi distinto ao que recordo. 
  • Nunca me gustou estudar, pero quedáronme bos recordos. 

Fernando José Vidal Miguéns.

  • Estiven no Brea Segade desde 1991 ata 1996. 
  • Pasábao ben no colexio. Estaban todas as aulas ocupadas. Tiña máis vioda que agora. 
  • O Brea non cambiou moito, pero cambiou o número de alumnos que asisten. Antes eramos moitos máis nenos/as. 

Isabel Pimente Tarrío.

  • Fun ao Brea Segade desde 1985 ata 1994.
  • Cando fun ao Brea eramos moitos máis nenos, de cada curso había tres aulas con 20 ou 30 nenos. 
  • Por dentro non cambiou moito, por fóra si que cambiou. Cando eu ía non había pavillón, podiamos andar todo ao redor do colexio. 
  • Cando me tocou ir a min non me gustaba, agora como ani si que me gusta moito. 

Ángeles Iglesias Laíño.

  • Estiven no CEP Brea Segade desde 1983 a 1986.
  • As miñas mellores lembranzas eran cando xogaba cos meus compañeiros. As peores foron cando comecei porque estaba moi perdida, porque empecei un mes tarde.
  • Si, cambiou moito desde que eu fun. En especial cambiou moito o patio.

  • Sempre me gustou moito a escola tanto antes como agora.


Iria Romero Seijas.

  • Estudei no CEP Brea Segade entre o 2000 e o 2006.
  • As mellores lembranzas son o recreo, a ludoteca e facer amigos. O peor era que non había parque.
  • O cole non cambiou moito porque daquela xa había mádison e polideportivo.
  • Si que me gustou o Brea Segade, porque fixen moitos amigos.

José Manuel Tembra Domínguez.

  • Estudei no Brea Segade desde 1986 a 1992.
  • Acórdome das excursións de fin de curso. O mellor eran os profes. O peor era que había que ir a clases pola tarde.
  • Acórdome de que había moitos nenos e nenas e en cada curso había 3 clases mínimo.
  • Gustoume moito. 

Eva Ces Ordóñez.

  • Estiven no Brea desde 1984 a 1990.
  • Acórdome de que había moitas clases e moitos alumnos e alumnas. Tamén do bo conserxe que era Tino, porque sempre nos axudaba se facía falta. Lémbrome de que pintei un mural. O mellor foi unha excursión a Mallorca de fin de curso. Paseino moi ben!! O peor era un profe.
  • Daquela había ata 8º de E.X.B.
  • Sí gustábame moito o colexio.

Carla Rial Vicente.

  • Estiven dende o 2019 ata o 2023.
  • O mellor foi que eramos poucos nenos e coñeciamonos todos. O peor foi que..., en realidade nada, pero había algunhas actividades que tiña que facer, aínda que non me gustaran.

  • Si, cambiou bastante.
  • 5. Si, bótoo moito de menos.

Sergio Reboiras Rodríguez.

  • Estiven no Brea desde 1988 ata 1993.
  • A peor foi que non me gustaba ir e o mellor que fixen moitos amigos.

  • Non.
  • Sen máis.

Noelia Miguéns Castaño.

  • Estiven no Brea Segade desde 2013 a 2017.
  • O mellor as festas de fin de curso e os festivais. Non teño recordos malos do colexio porque foron anos moi bos e divertidos.
  • Fai moito tempo que non vou polo Brea, pero creo que si cambiou. Por exemplo cambiou a biblioteca, o comedor, os muros de fóra...
  • Si, gustoume moito, foi unha experiencia moi bonita.

Iria Romero Miguéns.

  • Estudei no Brea Segade desde o 2012 ao 2016.
  • O mellor recordo que teño é a profesora Cova e os meus compañeiros. Foron anos de moito aprendizaxe e tamén de moitas risas e momentos de moitos recordos. 
  • Si, cambiou para mellor: non tíñamos comedor, fanse máis actividades extraescolares, non tíñamos o parque, tampouco tiñamos as cordas do patio.

  • Si, gustoume moito foron anos moi divertidos e que non cambiaría por nada do mundo, volvería sin pensalo.

Ana Miguéns Rey.

  • Estudei no Brea desde 1988 a 1994.
  • O mellor foi a actividade de voleibol. O peor que antes había tantos nenos que dentro do mesmo curso había varias clases (A,B,C,D) e separábanme dos meus compañeiros. As aulas estaban cheas de nenos polo que non había aulas libres para facer actividades.
  • Si, cambiou moito. Non tíñamos polideportivo, nin comedor porque non había espazo. Non había moitas actividades extraescolares. Os pais non participaban nas actividades escolares. Non tiñamos ordenadores nas aulas, só tíñamos unha clase de informática.
  • Si, gustoume moito estar alí, paseino moiben, aínda que coas melloras que lle fixeron agora está moito mellor.

Miguel Rial Lorenzo.

  • Estudei dende o 1984 ata o 1989. Cando eu estudaba estabamos na EXB, e había ata 8º curso.

  • O mellor foron os partidos de fútbol do recreo. O peor era recuperar os balóns do barranqueiro, cando nolos botaban os maiores.

  • Non, non cambiou moito o colexio, salvo a tecnoloxía e que hai poucos alumnos.

  • Si, sempre me gustou o Brea Segade, porque está situado no medio da natureza.


Maite Piñeiro Rodríguez.

  • Estudei no cole ata 8º de E.X.B. de 1984 a 1987.
  • O peor era que antes non había polideportivo e o mellor que o colexio estaba máis novo.
  • O colexio cambiou pouco, a fachada está case igual, só cambian as ventás. Por dentro tamén está case igual, menos a biblioteca, que está moito mellor. Antes non había polideportivo e tampouco estaba o bosque.
  • Si, o colexio gustábame moito porque tiña moitas amigas.

Tamara Tubío Quintáns.

  • Estudei no Brea Segade desde 1999 a 2002. 
  • Acórdome de todos os mestres, dos meus compañeiros... E como non do súper conserxe TINO. Estramos o pavillón. Lémbrome da excursión á Rioxa en 5º co profe Forján, da profe de música Sol e as súas clases de frauta.
  • Si, cambiou moito, a biblioteca non era tan bonita coma agora. Había máis nenos que agora.
  • Si, gustoume moito, fixen amigas e amigos que aínda teño agora. Hai mestres que sigo vendo e falando, por exemplo Cova, Forján, Teresa e sen esquecerme da señora da limpeza Juana.

Estefanía Quintáns García.

  • Estudei no colexio desde 1992 a 1998.
  • No Brea formei as miñas primeiras amizades que conservo a día de hoxe. Recordo o cambio da E.X.B a ESO, de feito foi o primeiro e único ano no que se cursou 1º e 2º da ESO no cole. Foron os anos de cambio das materias de Ciencias da Natureza e Ciencias Sociais que pasaron a ser “Coñecemento do medio”. Foi o primeiro ano que cursei unha lingua estranxeira. O Inglés non era a única lingua estranxeira senón que tamén había Francés. Fíxose o madison.
  • Puff... Moitísimo! Antes había máis alumnado, máis clases e non había case saídas.
  • Encántame o cole!

Alba Mª Martínez Lojo.

  • Estudei no Brea Segade desde 1987 ata 1990.
  • O mellor era a miña profe Dona Nieves, moi boa e agarimosa. O peor era o colutorio de cor rosa que nos daban o venres, picaba moito...
  • O cole cambiou bastante nestes últimos anos para mellor, xa que modernizaron as instalacións e os métodos de ensinanza do novo profesorado...
  • Si, sempre me gustou moito este colexio.

Víctor Romay Campaña.

  • Estudei no colexio desde 1992 a 1997.
  • Acórdome que había moitos rapaces, tamén había dous campos de fútbol de terra, un campo de cemento que tamén tiña liñas pintadas para xogar ao tenis e dous campos de baloncesto, que tamén xogaba ao voleibol e tamén había dúas mesas de pin pon na entrada.
  • O cole cambiou moito, e está moi ben.
  • A min gústame o cole porque me trae moitos recordos.

Beatriz Romay Campaña.

  • Estudei no Brea desde 1989 a 1996. 
  • Para min segue sendo o mesmo cole, aínda que por dentro haxa cambios. Nós tamén tiñamos biblioteca, pero a vosa ten diferentes estancias e ademais a min, véndoa, xa me dan ganas de entrar, porque se ve moi luminosa e moi alegre, todo o contrario de cando ía eu. Tamén recordo que tiñamos un laboratorio e un taller para facer manualidades. Tamén tiñamos unha aula de informática. Vós tendes auditorio e nós non o tiñamos e as nosas obras de teatro e festivais facíanse na biblioteca. Outra cousa que cambiou é onde está o patio cuberto que antes era tellado e onde está agora o pavillón tiñamos un campo de fútbol de cemento, onde xogabamos ao fútbol e faciamos torneos entre clases, homes e mulleres xuntos.
  • Pois si, cambiaron moitas cousas do cole.
  • Sí que me gusta o cole, non sei si é porque foi o meu cole ou porque só fun a ese cole e é o que coñezo. Penso que necesita algúns cambios.

Manuela Hermo Fernández.

  • Estudei no Brea Segade do 1990 ao 1996.
  • En oitavo fun de excursión a Madrid. Nos magostos tiña que escapar dalgúns nenos. 
  • Non, está practicamente igual, salvo que antes había máis aulas. 
  • Si, gústame moito. 

Belarmino Garrido Martínez.

  • Estudei no Brea Segade dende 1993 ata o 1998.
  • Lembro que daquela éramos moitísimos rapaces no colexio e xogábamos moito ao fútbol no campo de terra. Tamén me lembro do conserxe Tino que era moi bo con todos nós.
  •  O colexio cambiou moito, non existía o pavillón, o campo de fútbol de agora, os autobuses e as cabras e burros.
  • Gústame moito o colexio Brea Segade, en xeral, cambiou moito para mellor como o patio e as actividades de agora.

María Escurís Villanustre

  • Empecei no colexio en 1985 e rematei en 1992.
  • O colexio parecíame moi grande. Había moitos nenos e aulas, os campos de deporte estaban descubertos e non había polideportivo. Na entrada había dúas mesas de tenis de mesa. Tiñamos un laboratorio de ciencias que a moitos nenos nos gustaba. E a profesora de ciencias era moi divertida.
  • Cambiou moitísimo: os campos de deporte eran de terra, había moitas máis aulas que agora...
  • Gustábame moito. Sobre todo o laboratorio de ciencia e a zona de xogar ás canicas.

Eva Lorenzo Piñeiro

  • Estudei no colexio desde o curso 1986 a 1991. 
  • Lembro xogar ao brilé no recreo e cando chovía xogar ao xadrez e ás damas na biblioteca. Tamén a plantación de árbores e a excursión de oitavo.
  • Non moito, pero antes éramos mais alumnos e ocupábamos máis aulas. 

  • Si


Wences Vázquez Otero.

  • Estudei no colexio desde o curso 1983-1984 ao curso 1987-1988.
  • Recordo que eramos uns trescentos alumnos, e tamén as xornadas de deporte contra outros colexios.
  • O barranco daquela non estaba valado e non había pavillón.
  • Si, gústábame o colexio, supuxo algo importante para Taragoña.


Francisco José Tembra Muñiz.

  • Estudei no CEP Xosé María Brea Segade de 1994-2000.
  • O mellor era ir no autobús, estar cos amigos, que era xornada de mañá e de tarde e había sitio para xogar ao fútbol. O peor era que había demasiados rapaces e non había parque.
  • Si que cambiou, antes non había polideportivo, madison, horta nin parque.
  • Si que me gustaba o colexio porque era facer moitos amigos e estar sempre con eles.

  • Pedro Vázquez Seijas.

  • Estudei no CEP Xosé María Brea Segade de 2013-2019.
  • O mellor foi xogar ao fútbol e facer amigos e o peor estudar para os exames e inglés.
  • Si que cambiou porque antes non había parque, nin horta.
  • Si que me gustou o Brea Segade porque fixen moitos amigos e recordos.


  • Marcos Vázquez Seijas.

  • Estiven no Brea Segade do curso 2012-2013 ao 2018-2019.
  • Recordo xogar ao fútbol cos meus amigos e pasalo ben. O mellor era xogar ao fútbol e facer amigos. O peor estudar para os exames e inglés.
  • Agora hai mais xogos, fixeron reformas e antes non había cabras nin burros. Tampouco había parque, nin horta.
  • Si, gustoume o Brea Segade, porque fixen moitos amigos, pasábao ben e teño bos recordos.

  • Sonia Fernández Caamaño.

  • Estiven no CEP Brea Segade do 1992-1993 ao 1998-1999.
  • Recordo as excursións e o ben que o pasabamos mentres esperabamos ao bus para as excursións, porque quedabamos sós.
  • Dentro o colexio está igual, pero cambiou o exterior.
  • Si, gústame o CEP Brea Segade porque o pasabamos moi ben.

  • Mª José Moares Deira.
  • Estiven  1990 ao 1998-1997.
  • Lembro algúns compañeiros e profesores, e algunhas festas. 

  • Por fóra non cambiou, pero por dentro si. 
  • Si que me gustou, foi un dos mellores colexios aos que fun.



Última modificación: mércores, 26 de xuño de 2024, 10:57 AM