Conclusións finais
Ó longo do noso percorrido no programa enfrontámonos a diferentes obstáculos que, grazas ós procesos de observación e intercambio de información iniciados entre ambos centros, conseguimos superar. Isto desembocou na adquisición de numerosos logros que, á súa vez, contribuíron na consecución dos obxectivos (descritos no punto II desta memoria). Na seguinte táboa detállase este proceso:
Obstáculos |
Logros |
Contribución na consecución dos obxectivos |
Implicación e participación desigual do profesorado. |
Coa observación e intercambio de información entre centros chegouse á conclusión da necesidade de subdividir os proxectos en pequenas metas, máis asequibles a todo o profesorado en tempo e forma. |
Dando estes pequenos pasos o profesorado comeza a participar do proxecto de centro, facendo a súa achega dende tódolos cursos. |
Imposibilidade de realizar algunhas propostas pola falta de apoios e recursos humanos e materiais |
Investigamos sobre o tecido de asociacións, empresas ou órganos públicos que temos na contorna. |
Crear unha rede colaborativa de apoios para nutrirnos mutuamente e beneficiar os procesos de ensino-aprendizaxe. |
Material infrautilizado no centro. |
Reflexionar sobre que material queremos empregar e especificar cando, como e para que se lle dará uso, creando un plan a medio prazo. |
Recuperar os obradoiros multidisciplinares. |
A implicación e participación no centro das familias non incrementa. |
Deseño de obradoiros para as familias, non só para a súa formación e concienciación, senón para darlles a coñecer espazos e recursos do centro e a súa utilidade pedagóxica. |
Incrementar a colaboración coas familias e o seu nivel de coñecemento da vida escolar das súas fillas e fillos. Crear unha Escola de Nais e Pais |
Pouco profesorado familiarizado cos recursos naturais e culturais da contorna. |
Incluír liñas de formación en aspectos estreitamente vinculados coa contorna natural do centro e cos seus recursos culturais, centrándonos no seu aproveitamento pedagóxico. |
Mellorar a formación do profesorado sobre os recursos da contorna que, á súa vez, redundará nunha aprendizaxe máis significativa do alumnado. |
Descoñecemento de como levar á práctica certas metodoloxías e tendencias educativas. |
Familiarizar ó profesorado con ditas metodoloxías, como o traballo por proxectos, ambientes, libre circulación, obradoiros internivelares... |
Mellorar a iniciativa do profesorado para afrontar novos retos metodolóxicos e cambios neste senso a nivel centro. |
En conclusión, consideramos que a nosa participación no programa Observa_Acción foi moi positiva, xerando un impacto significativo entre o profesorado participante. Consecuentemente, recomendamos firmemente a participación no mesmo, xa que non hai nada mellor que aprender das compañeiras e compañeiros, nun clima seguro e participativo. Alén, evita estancarse e permite reciclarse, obríganos a reflexionar sobre a propia práctica docente, examinala dende diferentes puntos e enriquecela coas diversas achegas. Por último, xera cohesión grupal e ofrece novas oportunidades de traballar de forma colaborativa.
Como propostas de mellora, destacamos a necesidade de que todo o profesorado interesado poida viaxar para observar outros centros.