DIFUSIÓN

A difusión da nosa participación no programa Observa_Acción farase a través das canles postas pola Consellería de Cultura a disposición dos centros escolares e desenvolverase en 3 ámbitos de acción: a nivel centro, dentro da comunidade educativa e fóra da mesma.

DIFUSIÓN A NIVEL CENTRO

  • Páxina web do CEP Xosé María Brea Segadehttps://www.edu.xunta.gal/centros/cepbreasegade/ Ligazón ao Proxecto Observa Acción a través dunha icona colocada nun dos menús laterais.


  • Páxina web do CEIP Plurilingüe de Carballedohttps://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcarballedo/ Ligazón ao Proxecto Observa Acción a través dunha icona colocada nun dos menús laterais.


  • Difusión da memoria conxunta das dúas escolas aloxada nunha Aula Virtual Aberta, accesible a calquera usuario sen necesidade de ser convidado ou usar contrasinal.


  • Como produto final elaborado conxuntamente polos dous centros, entregamos un programa de radio en formato podcast, de acceso libre na rede.

  • Realizando unha entrada no blog, á cal se pode acceder a través da seguinte ligazón: https://bibliocarballedo.blogspot.com/2024/04/programa-observa-accion-1-fase.html


DIFUSIÓN DENTRO DA COMUNIDADE EDUCATIVA

  • Comunicación da participación no programa Observa_Acción e presentación do mesmo ós representantes da comunidade educativa en sesión de Consello Escolar; así mesmo, os froitos do intercambio de experiencias e da nosa participación no programa foron descritos noutra reunión a parte.
  • Comunicación ás familias da existencia da memoria e o seu acceso público a través dunha mensaxe Abalar, explicándolles como acceder a ela na Aula Virtual Aberta.
  • Difusión das páxinas web do CEP Xosé María Brea Segade (https://www.edu.xunta.gal/centros/cepbreasegade/) e CEIP Plurilingüe de Carballedo (https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcarballedo/)
  • Difusión do programa de radio en formato podcast, de acceso libre na rede, elaborado conxuntamente entre ambos centros. Lembramos a ligazón: https://www.edu.xunta.gal/centros/cepbreasegade/aulavirtual/mod/pcast/view.php?id=2148
  • Publicación da antedita entrada no blog, á cal se pode acceder a través da seguinte ligazón: https://bibliocarballedo.blogspot.com/2024/04/programa-observa-accion-1-fase.html

DIFUSIÓN FÓRA DA COMUNIDADE EDUCATIVA

  • Publicación dunha reportaxe no Xornal "El Correo Gallego", que terá lugar no CEP Xose María Brea Segade na semana do 13 de maio, a cal se poderá consultar en formato papel e dixital nos días seguintes. Dita reportaxe conterá, ademais doutros aspectos relavantes, a correspondente mención á participación de ambos centros no programa Observa_Acción, cunha pequena descrición do mesmo.
  • Compartindo nas redes sociais as publicacións que nos aluden do CFR

  • Publicación dun post no Instagram do CEIP Plurilingüe de Carballedo, que se pode ver na ligazón seguinte: https://www.instagram.com/biblio_carballedo/?locale=dehttps%3A555ten.com%2F%3Fgclid%3DCjwKCAiA85efBhBbEiwAD7oLQD0Yv4VqRr-r7JZQO0urJZYdRtRM6QkTusDKWfLnFFK5MAIkhLUd3BoCBiYQAvD_BwE%3Flocale%3Ddehttps%3A%2F%2F555ten.com%2F%3Fgclid%3DCjwKCAiA85efBhBbEiwAD7oLQD0Yv4VqRr-r7JZQO0urJZYdRtRM6QkTusDKWfLnFFK5MAIkhLUd3BoCBiYQAvD_BwE%3Flocale%3Ddehttps%3A%2F555ten.com%2F%3Fgclid%3DCjwKCAiA85efBhBbEiwAD7oLQD0Yv4VqRr-r7JZQO0urJZYdRtRM6QkTusDKWfLnFFK5MAIkhLUd3BoCBiYQAvD_BwE%3Flocale%3Ddehttps%3A%2F%2F555ten.com%2F%3Fgclid%3DCjwKCAiA85efBhBbEiwAD7oLQD0Yv4VqRr-r7JZQO0urJZYdRtRM6QkTusDKWfLnFFK5MAIkhLUd3BoCBiYQAvD_BwEhttps%3A%2F%2F555ten.com%2F


  • Programa de radio en formato podcast, de acceso libre na rede.

  • Realizando unha entrada no blog, á cal se pode acceder a través da seguinte ligazón: https://bibliocarballedo.blogspot.com/2024/04/programa-observa-accion-1-fase.html


Última modificación: mércores, 15 de maio de 2024, 4:39 PM