III CONTEXTUALIZACIÓN

    CEP XOSÉ MARÍA BREA SEGADE

    Contexto socioeducativo do centro

  • Historia do centro e da súa contorna.

O centro CEP Xosé María Brea Segade iniciou a súa actividade no curso 1983-1984, polo que este ano cumpriremos 40 de vida. A súa área de influencia son as parroquias de Taragoña e o Araño, no concello de Rianxo.

Taragoña é unha parroquia situada ao norte do concello de Rianxo, na comarca da Barbanza. Linda AO norte co concello de Boiro e a parroquia de o Araño, ao oeste co concello de Boiro, ao leste coas parroquias de Asados e Rianxo e ao sur coa ría de Arousa. Segundo o padrón municipal (INE 2022) ten 2.104 habitantes (1.007 mulleres e 1.097 homes) distribuídos en 30 entidades de poboación, o que supón unha forte diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.673 habitantes. Con todo, no 2022 houbo un saldo positivo con respecto ao 2021 por primeira vez en máis dunha década.

O Araño é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Rianxo. Segundo o padrón municipal de 2022 tiña 1.228 habitantes (603 homes e 625 mulleres), distribuIdos en 25 entidades de poboación, o que reflicte unha diminución en relación ao ano 2004, cando tiña 1.512 habitantes, e ao ano 1999, cando tiña 1.655 habitantes. Ao igual que no caso de Taragoña, o último rexistro parece evidenciar unha tendencia positiva.

A escola está situada no lugar chamado Campo Maneiro, nun lugar afastado das casas polo que todo o alumnado ten que ser transportado. A maior parte do perímetro do recinto escolar está rodeado por monte comunal de Taragoña, cunha localización privilexiada que nos sitúa a poucos quilómetros da liña de costa cara ao sur e ao pé do Pico da Muralla, polo norte.

O propio concello de Rianxo, ademais, sitúase tamén a medio camiño das cidade de Santiago e Pontevedra, polo que son frecuentes visitas a espazos tan queridos para nós como o Museo de Pontevedra ou o Museo do Pobo Galego.

No que atinxe aos aspectos socioeconómicos o traballo que realiza a poboación oriéntase ao sector primario, no que destacan a pesca de baixura, o cultivo do mexillón, agricultura e gandería. O segundo sector económico en importancia é o da construción e as industrias afíns, ornamentación, decoración, electricidade, fontanería, carpintería de aluminio,... Nun terceiro nivel destaca a confección téxtil.

• Número de grupos e alumnado e persoal que presta os seus servizos no centro educativo.

O alumnado está distribuido en seis grupos de Educación Primaria tal e como se reflicte no cadro a seguir.

ETAPA

NIVEL

Nº alumn@s

ANEAE

con RE de P.T.

ANEAE

con RE de A.L.

ANEAE

AL+PT

Total en Seguimento D.O. con ou sen apoio específico

EDUCACIÓN

PRIMARIA

1º Curso


15

-

3 + valoracións

1+ valoracións

4

2º Curso


20

3

-

1

12

3º Curso


15

-

-

-

5

4º Curso


21

1

-

1

10

5º Curso


18

-

-

2

8

6º Curso


16

1

-

2

7

ALUMNADO

105

5

3

7

46


• Participación en plans, programas e proxectos de inclusión educativa que se estean a desenvolver, o xa se desenvolveran, nos últimos cursos con especial fincapé nos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

O noso centro foi premiado en diferentes ocasións polos seus proxectos educativos como o Premio dos Proxectos Didácticos Antón Fraguas ou o terceiro premio do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte no concurso nacional de Buenas Prácticas para la Dinamización e Innovación de las Bibliotecas de los Centros Escolares.

Así mesmo, formamos parte dos programas de renovación pedagóxica e de actualización dos diferentes espazos do centro, como o proxecto Edixgal, o Plambe (Radio na Escola, Elbe 2, Biblioteca creativa...), Digicraft, Programa da U.E. Educa en Dixital e Escolas Conectadas, etc.

Temos solicitados para este ano o Plan Proxecta (Donas de sí, Axilízate na escloa) e Inclúe (Iguala-t, Emociona-te, Inclúe-t e Convive-t).

Fora dos proxectos que chegan a nós a través da consellería, somos centro piloto na aplicación do método Sintaxe para a aprendizaxe activa da gramática e, en colaboración con a comunidade de montes de Taragoña, o proxecto pedagóxico Máis ca leña.

  • As nosas liñas de traballo do PAF

Os obxectivos marcados no noso Plan de Acción, pretendían centrarse en áreas de mellora moi concretas. Somos conscientes tanto das nosas debilidades, aquilo no que é urxente mellorar, como das nosas fortalezas, aquilo no que podemos servir de exemplo positivo para quen nos observa.

De toda este proceso reflexivo logramos centrarnos nuns poucos aspectos nos a transformación foi inmediata.

- Traballo en equipo. Isto tanto a nivel externo ‒co propio colexio de Carballedo‒como a nivel interno, comezando no terceiro trimestre un proxecto interclases relacionado co horto escolar.

- Concibir o Centro Escolar como un espazo orgánico, que pode transformarse para modificar o seu uso de forma ocasional ou, mesmo, de modo máis estable. Un dos nosos obxectivos previos era ver como nunha realidade similar á nosa, os espazos ‒aulas e espazos comúns‒ podían ter usos diversos. Ese proceso de análise levounos a inscribirnos, no mes de maio e xuño, dun curso organizado polo CAFI de Santiago titulado S2301010 TRANSFORMACIÓN DE ESPAZOS PARA FAVORECER METODOLOXiAS ACTIVAS E INCLUSIVAS.

  • O noso DAFO

Unha vez realizadas as entrevistas, observacións, diálogos reflexivos posteriores e a pertinente reflexión individual, os membros participantes no programa Observa_Acción do CEP Xosé María Brea Segade realizamos a revisión do DAFO de centro; deste xeito e despois do diálogo reflexivo, esta sería a táboa actualizada:

Debilidades En que se pode mellorar?

  • Visibilidade do proxecto a través da Web y Aula Vritual.

  • Ausencia de actividades de tipo agrícola. Proxecto Máis ca leña.

  • Falta de implicación da totalidade do profesorado.

  • Falta de formación específica dos docentes. Proxecto Máis ca leña ou Paneis dixitais.

  • Poucas vías de comunicación directa con outros centros do concello (Consello Escolar Municipal, reunións de coordinadores de areas, etc).

Ameazas. Que riscos/problemáticas específicas atopamos no centro?

  • Os cambios nas directivas da Comunidade de Montes ou ANPA poden afectar á comunicación entre o centro e as organizacións asociadas ao proxecto.

  • Cambios por traslado ou xubilación do profesorado máis implicado no proxecto.

  • Falta de apoio económico por parte da administración para seguir cos proxectos iniciados.

Oportunidades. Observa ao teu arredor

Os nosos Proxecto Educativo fomenta:

  • -A inclusión.

-A observación activa.

-Os valores ecoloxistas e de respecto polo patrimonio natural.

-Traballo colaborativo coa nosa comunidade.

-Aprendizaxe creativa.

  • O feito de que todo o profesorado definitivo sexa propio e a tempo completo.

Fortalezas. En que destaca o centro

  • Contamos con 10 hectáreas dedicadas ao proxecto Máis ca leña, en colaboración coa comunidades de montes.

  • Contamos cun rabaño de 25 cabras de raza galega, nacidas no noso monte.

  • Contamos con tres burros, un deles nacido no noso monte.

  • Realizamos visitas guiadas polo noso alumnado de outros centros e colectivos.

  • Temos uns bos recursos Tic: radio escolar, aula de informática, aula da natureza, aula virtual aberta, etc.

  • Patio escolar amplio e con zonas diversificadas.

  • Aula de informática ben dotada.

  • Pavillón deportivo municipal a pé da escola.

  • Comunidade escolar, familias e veciñanza implicada co noso centro.


    CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO

  • O CONTEXTO: situación socioeconómica e cultural da zona 

O CEIP Plurilingüe de Carballedo está situado na parroquia de Carballedo, no concello de Cerdedo - Cotobade (Pontevedra), a uns 20 km do centro da vila de Pontevedra.

Dito concello, conta cunha extensión de 215,10 km2, distribuídos ó longo de 21 parroquias. Sitúase ó oeste da provincia de Pontevedra. Limita ó norte cos concellos de Campo Lameiro e A Estrada, ó sur cos de Ponte Caldelas e A Lama, ó leste cos de Forcarei e A Lama e ó oeste cos de Pontevedra e Campo Lameiro.

A capitalidade do Concello atópase no lugar de A Chan, na parroquia de Carballedo, sen que o seu topónimo se corresponda co de ningunha entidade de poboación.

O concello de Cerdedo- Cotobade forma parte das Comarcas: Terras de Pontevedra e Tabeirós-Terra de montes. Unha área de transición cara o interior, entre as terras do litoral pontevedrés e a comarca do Deza.

O entorno onde se atopa o CEIP Plurilingüe de Carballedo é rural, cunha poboación dispersa con pequeniños núcleos de poboación e cunha paisaxe onde abondan os ríos (o río Lérez, o río Almofrei…) e destacan as carballeiras. A zona é rica en restos arqueolóxicos como petróglifos ou minas romanas e é berce de afamados canteiros e gaiteiros.

A actividade económica que predomina na zona é principalmente o sector servizos.

O CEIP Plurilingüe de Carballedo relaciónase de forma positiva coas Institucións do seu entorno (concello, ANPA, comunidade de montes…).

A maior parte das familias do alumnado presenta un nivel socio-económico e cultural medio. Predomina un tipo de familia no que o seu núcleo está formada por un ou ambos proxenitores e un ou varios fillos/as, e existe unha porcentaxe significativa de familias nas que ademais convive outro membro (avó, avoa,…).

O modelo de vivenda por excelencia nesta zona é a casa unifamiliar con terreo.

Lingüisticamente trátase dunha zona na que se usan habitualmente as dúas linguas oficiais, predominando cada vez mais o uso do castelán.

O alumnado procede das parroquias do entorno do Centro Educativo, empregando a maioría deles o transporte escolar. A maioría do alumnado tamén emprega o servizo de comedor.

As expectativas das familias do alumnado ao rematar a Educación primaria son que os seus fillos/as continúen os estudos de ensinanza secundaria obrigatoria e se percibe nos últimos anos un incremento dos proxenitores (sobre todo das nais) que se interesan porque os seus fillos/as realicen estudos superiores (Ciclos formativos, estudos universitarios…) que lle permitan unha maior preparación para o mercado laboral.

  • O CENTRO

O CEIP Plurilingüe de Carballedo imparte 2 niveis educativos: Educación Infantil e Educación Primaria.

Os GRUPOS DE ALUMNADO quedan distribuidos como segue:

Educación Infantil:
Dous grupos:
1 grupo de 4º e 5º de Educación Infantil.
1 grupo de 5º e 6º de Educación Infantil.

Educación Primaria:
Por catálogo corresponden catro grupos de alumnado, que son os seguintes:
1 grupo de primeiro e segundo curso de Ed. Primaria.
1 grupo de terceiro de Ed. Primaria.
1 grupo de cuarto curso de Ed. Primaria.
1 grupo de quinto e sexto curso de Ed. Primaria.
 
CATÁLOGO DE POSTOS DE TRABALLO: 

Ed. Infantil: 2                                                                             Ed. Primaria: 4
Inglés: 1                                                                                       Música: 1
Ed. Física: 1                                                                                 P.T.: 1
Relixión: 1

HORARIO XERAL:

Horario de apertura e peche do centro: 09:25-17:00 horas. Excepcionalmente a hora de peche pode variar por variación na programación de actividades.

Horario lectivo: 9:50-14:50 horas.

Horario do comedor: 14:50 – 15:45 horas

Actividades extraescolares: 16.30 - 17:30 horas

Instituto ó que está adscrito: IES de Cotobade


O noso centro conta con moitos PROXECTOS DE INNOVACIÓN: Polos Creativos, Radio na Biblio, Biblioteca Creativa, Plambe, Erasmus+, Eduexchange, Digital Week, Auxiliares de Conversa, Plurinfantil, Plurilingüismo, Clube de Cienca, Froita Fresca, Proxecto de Vida Activa e Deportiva, Eduemprende, Atrévete a ter unha idea, Club de lectura, Edixgal, participación en Programas de formación de profesorado tódolos cursos…

  • As nosas liñas de traballo do PAF

As vías de acción formativa seleccionadas polo noso centro víronse fortemente nutridas polo intercambio e visitas realizadas ó CEP Xose María Brea Segade, xa que este curso nos enfocamos en:

- Deseño de espazos educativos e patios escolares

- Traballo por ambientes de aprendizaxe

- Enfoque DUA

- Biblioteca creativa

  • O noso DAFO

     Unha vez realizadas as entrevistas, observacións, diálogos reflexivos posteriores e a pertinente reflexión individual, os membros participantes no programa Observa_Acción do CEIP Plurilingüe de Carballedo realizamos a revisión do DAFO de centro; deste xeito e despois do diálogo reflexivo, esta sería a táboa actualizada:

AMEAZAS

OPORTUNIDADES

Qué cambios poderían prexudicar o noso centro?

Maior descenso da natalidade, supresión de unidades e incremento do número de profesorado itinerante.

Cales son as tendencias educativas que poden favorecer o noso centro?

·      Traballo por proxectos/ambientes/multiaulas que favorezan a atención do alumnado nas aulas mixtas.

·      Incremento de propostas internivel, aproveitando o baixo número total de alumnado no centro.

·      Escola de pais e nais para a formación e concienciación das familias.

·      Creación dunha brigada composta por membros da comunidade educativa para colaborar na realización de melloras no centro.

·      Transformación de espazos interiores e exteriores.

Contexto sociocultural

Nivel socieconómico e cultural baixo.

Qué cambios poden abrir novas oportunidades?

·      Familias buscando un entorno máis natural para a súa vida diaria.

·      Actividades subvencionadas polo concello e/ou outros organismos.

·      Contratación dun conserxe que libere ao profesorado das tarefas de mantemento.

Desafíos en relación ao alumnado

Non hai.

Qué programas educativos nos gustaría implantar no centro?

·      Observa_Acción

·      Horto escolar

·      Proxecto Ríos

·      Contratos programa

O horario dos centros educativos próximos resulta mellor para a conciliación que o noso.

Qué proxectos nos gustaría retomar?

Erasmus+, xa que o curso 2022-2023 rematamos o programa no que viaxamos a Italia e Finlandia.

Carencia de Departamento de Orientación e de mestre de Audición e Linguaxe propios.

Profesorado motivado e cualificado.

Proximidade doutros centros educativos, que escolarizan alumnado ao que lle correspondía o noso colexio.

Familias moi implicadas e colaboradoras.

Profesorado compartido co CEIP Plurilingüe de Tenorio.

PAS colaborador e disposto a participar nas diferentes actividades e iniciativas (ex.: obradoiro de cociña coa colaboración do persoal correspondente, obradoiro téxtil no que nos asesora un dos membros do persoal de limpeza)...

Centro con pouco alumnado (ámbito rural).

 

FORTALEZAS

DEBILIDADES

Centro con moitos proxectos de innovación: Polos Creativos, Radio na Biblio, Biblioteca Creativa, Plambe, Erasmus+, Eduexchange, Digital Week, Auxiliar de Conversa, Plurinfantil, Plurilingüismo, Clube de Cienca, Froita Fresca, Proxecto de Vida Activa e Deportiva, Eduemprende, Atrévete a ter unha idea, Club de lectura, Edixgal, Programas de formación de profesorado tódolos cursos…

Falta de recursos humanos para afrontar as necesidades do centro como, por exemplo, máis profesorado de apoio, Departamento de Orientación propio e non compartido…

Destacamos tamén a existencia de profesorado non definitivo (ex.: inglés, algunha titoría...), o que dificulta a continuidade das aprendizaxes e ralentiza o cambio metodolóxico.

Cociña dependente de xestión directa.

En qué aspectos destacan outros centros?

Maior número de profesorado, especialistas propios, departamento de orientación non compartido, profesorado definitivo.

Instalacións exteriores e interiores amplas e renovadas.

Eliminación dos libros de texto no único nivel que quedan. (susceptible de convertirse en fortaleza)

Entorno natural privilexiado.

Falta de profesorado e formación específica para afrontar o cambio metodolóxico. (necesidade de realizar varios PFPP tódolos cursos)

Moito material e recursos para facilitar o traballo do profesorado.

Ampliar o cambio metodolóxico de infantil a primaria gradualmente. (susceptible de converterse en fortaleza)

Plan Madruga (asume o custo o concello).

Coordinación vertical entre os distintos niveis educativos. (susceptible de converterse en fortaleza)

Trato familiar e cercano co alumnado e comunidade educativa ao ser un centro de pequenas dimensións.

Facilitar o cambio de etapa entre infantil e primaria. (susceptible de converterse en fortaleza)

Profesorado moi motivado con perfís diversos e formado en áreas específicas, coma transformación de espazos, especialista STEAM, área téxtil…

Falta de persoal de mantemento do centro educativo.

Grupos reducidos e baixa ratio o que repercute atención máis individualizada do alumando.

Parte do profesorado non definitivo.

Premios e recoñecementos

Premio “Atrévete a ter unha idea” durante tres anos consecutivos.

VIII Premio Concurso por proxectos de Bibliotecas Escolares.

Recoñecemento pola participación co centenario  do Seminario de Estudos Galegos.

Recoñecemento de Rede dixital Galega.

Qué características do contexto poden supoñer unha debilidade?

Baixa natalidade e zona pouco poboada, con escasos servicios.

Gran implicación e colaboración da auxiliar de conversa.

Falta de tempo e formación para empregar os algúns recursos específicos: plóter de corte, circuítos eléctricos e textís…

Outras propostas que desenvolvemos no centro e que consideramos FORTALEZAS:

-       Cepillado de dentes e outras actividades susceptibles de desenvolverse cunha ratio reducida.

-       Colaboración do concello: ex. Piscina durante un mes unha vez á semana.

-       Obradoiros impartidos polas familias (ex.: ioga, teatro, contacontos...).

-       Froita fresca a diario (asumindo o custo durante todo o ano o centro)

-       Etc.

 

Aulas mixtas.



Última modificación: venres, 10 de maio de 2024, 7:31 PM