Skip to Content

 

CURSO 2023/24

ORGANIZACIÓN INICIO CURSO 2023-24


Iniciamos o curso 2023-24 dando a benvida a todo o alumnado e ás súas familias.

O horario do día 11/09/23 será o mesmo que para o resto do curso escolar (entrada ás 9:00 e saída ás 14:00).

Como en cursos anteriores, a entrada do alumnado á primeira hora da mañá realizarase do seguinte xeito:

 

- 1º, 2º e 3º niveis accederán ao centro pola cancela que da á Avenida de Vilariño.

- 4º, 5º e 6º niveis accederán polo portal do aparcadoiro.

 

As entradas estarán sinalizadas. Chamarase por cursos e o alumnado será acompañado polos titores/as.

Unha vez no centro cada titoría daralle ao alumnado toda a información necesaria para o presente curso.

Recordamos que neste primeiro día de curso tamén entran en funcionamento os servizos complementarios (Plan Madruga e Comedor Escolar).

No arquivo anexo informamos sobre o calendario escolar 2023-24.

 

Feliz inicio de curso a toda a comunidade educativa!!!

AdxuntoTamaño
Calendario Escolar 23-24.pdf51.25 KB


blog | by Dr. Radut