Skip to Content

 

Visita do Conselleiro de Cultura, Educación e OU

Hoxe estivo no centro o Conselleiro de Cultura, Educación e O.U. acompañado do Delegado Territorial de Pontevedra, o Xefe Territorial, o presidente da Deputación, o alcalde de Cambados, o xefe da Unidade Técnica, o inspector da zona e outras autoridades. O Conselleiro explicoulle aos diferentes medios de comunicación presentes as obras realizadas e os proxectos previstos a curto plazo no Concello de Cambados. Procedeuse logo á visita das instalacións polideportivas. Vistas as obras realizadas comprometéronse a ultimar o máis brevemente posible os detalles que quedan pendentes: aillado lateral, mellora do pavimento ... O Conselleiro estivo nunha das aulas, falou con algúns alumnos sobre a Paz e estes sorprendérono coa canción que estaban preparando para celebrar este evento o vindeiro Día 30. Despedímonos co compromiso de realización da parte pendente nas instalacións durante as vacacións de Semana Santa.



blog | by Dr. Radut