Skip to Content

 

Por fin no patio

Hoxe, despois dunha longa espera, puidemos volver utilizar o patio dos maiores e atopámonos co patio cuberto practicamente rematado. Quedou moi bonito e luminoso. Aínda ten moito po, pero van limpalo en breve. Quedan uns pequenos detalles a mellorar que se farán probablemente na Semana Santa, pero xa podemos utilizalo.

A partir de mañá as estradas e saídas dos niveis de 4º, 5º e 6º serán polo patio dos maiores. Recuperamos tamén o recreo neste patio seguido do Plan Lector. Canto o botamos de menos! E, por fin, despois de tanto tempo, poderemos realizar outra vez as actividades de Educación Física no patio.



blog | by Dr. Radut