Avda. Vilariño, 29. 36630 Cambados. Pontevedra.
Tfno: 886151181 /886151182
Fax: 886151183
Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/cepantoniomagarinos
Email: cep.antonio.magarinhos@edu.xunta.es
Biblioteca: http://opacmeiga.rbgalicia.org
Avda. Vilariño, 29. 36630 Cambados. Pontevedra.
Tfno: 886151181 /886151182
Fax: 886151183
Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/cepantoniomagarinos
Email: cep.antonio.magarinhos@edu.xunta.es
Biblioteca: http://opacmeiga.rbgalicia.org
Ante o comunicado que se publicou no portal da Consellería de Educación o día 23 de setembro de 2014, o Equipo Directivo do CEP A. Magariños xunto con todo o profesorado do centro acorda realizar as seguintes declaracións:
A empresa adxudicataria estivo no centro a primeira semana de setembro para aillar a zona, establecendo o perímetro de seguridade, desmontou o tellado e non volveu polo centro. Dende o inicio das clases temos o patio inaccesible, pero coas obras paralizadas á espera de que lles sirvan os materiais. Cunha mellor planificación poderiamos ter utilizado o patio polo menos nesta primeira quincena de setembro.
O centro non dispón de patio alternativo cuberto no que poida impartirse a área de Educación Física (non reune as condición mínimas para impartir esta área), tal e como se indica na información da Consellería. O patio “alternativo” linda ademais coas ventás das aulas de 1ºA, 1ºB, 2ºA, 2ºB, 3ºA, 3ºB, é dicir a metade das aulas do colexio, polo que causaría moitas interferencias si se estivese fóra impartindo E. Física. O Consello Escolar, na reunión celebrada o 31 de xaneiro de 2013, abordou esta posibilidade e non se considerou viable.
Somos o equipo directivo e o conxunto do profesorado os que intentamos reducir ao mínimo as molestias causadas polas obras en período lectivo, para o que houbo que modificar as entradas, saídas, turnos de recreos, alteración da hora de ler no Plan Lector, usos de cuartos de baño e da Biblioteca, etc .
A Consellería comprometeuse coa comunidade educativa en agosto de 2011 a investir 386.000€ na mellora do centro, dos cales a mellora da pista cuberta e do patio de xogos suporían, segundo publica a propia Consellería na web oficial, un investimento superior aos 200.000 €. Deses 200.000 € comprometidos so van investirse algo máis de 50.000€, e non se da resposta ás demandas da Comunidade educativa: O Consello Escolar na sesión celebrada o 31 de decembro de 2013 solicitou, por unanimidade, a preparación das instalación deportivas acordes co Real Decreto 132/2010. As obras que se van realizar non cumplen os mínimos establecidos nese Decreto e nin siquera se contempla nas mesmas a mellora do pavimento.
É por isto, que o Equipo Directivo xunto co claustro, non entende e mostra o seu disgusto ante o comunicado da Consellería publicado directamente na páxina web oficial, portal que achega información que se supón importante para toda a comunidade educativa de Galicia e que non debe ser usado do xeito que se fixo.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |