Skip to Content

 

Festival de Nadal e entrega de notas

20/12/2013 12:00
Europe/Madrid

Como en anos anteriores o último día de clase os nenos e nenas do centro interpretarán diversas panxoliñas e tamén teremos unha pequena obra de teatro que porán en escea nenos e nenas de "Taller de Expresión". O Festival será no centro e, dado o elevado número de alumnos e a falta de instalacións axeitadas,non será aberto ao público.

Ao remate do festival o alumnado volverá as súas clases e alí faráselle entrega das notas da 1º avaliación. A saída derá ás 14.00h. como calquera outro día e funcionará con normalidade o servizo de comedor.



event | by Dr. Radut