Skip to Content

 

Reunión co delegado

11/11/2013 12:00
Europe/Madrid

O luns día 11 o equipo directivo do centro e a directiva da ANPA  reuniuse na Xefatura Territorial de Pontevedra co delegado provincial, o xefe territorial da Consellería de Cultura e Educación, o inspector da zona de Cambados, o alcalde de Cambados, o arquitecto e o arquitecto técnico da Xefatura Territorial para abordar o tema da mellora das instalacións deportivas no colexio. O delegado territorial comprometeuse a realizar as obras de mellora no ano 2014. A unidade tecnica fará un estudo e unha valoración orzamentaria das obras a realizar. Logo volverán convocarnos nunha nova xuntanza para valorar as posibilidades de realización destas en función da dispoñibilidade económica.

Pódese ver a nova na prensa na seguinte ligazón: Educación anuncia o arranxo do patio



event | by Dr. Radut