Skip to Content

 

Charlas sobre Lectura

24/03/2010 00:00
25/03/2010 14:00
Etc/GMT+1

Ao longo do mércores 24 de marzo e do xoves 25, os diferentes grupos de alumnos/as do centro xunto cos seus titores acodiron á aula de usos múltiples para realizar diversas actividades encol da lectura.

Todo empezou cun pequeno experimento no que os rapaces habían de ler un texto e realizar o que alí se lles indicaba. Logo, noutra lámina, realizaban tamén diversas tarefas segundo as instruccións escritas que se sinalaban na mesma.

Rematado este primeiro momento comentamos o sucedido. xuntos chegamos á conclusión da importancia de observar e extraer información antes de ler (título, tipos de letra, encabezados e pes de foto, ...), da importancia de facer unha primeira lectura completa para logo chegarmos a unha lectura detallada "por partes" do proceso de traballo que, realizado, ha de concluír cunha fase de comprobación do mesmo.

Na terceira parte da sesión vimos no proxector que hai moitos xeitos de ler, moitos tipos de textos, que é importante irnos facendo preguntas a nós mesmos a medida que lemos. Tamén é importante que nos decatemos de se imos entendendo o que lemos.

Concluímos a xuntanza cun tríptico no que se conclúe que "Ler é moito" e no que se nos invita a participar nun pequeno xogo de búsqueda dun libro "perdido" ...



event | by Dr. Radut