Skip to Content

 

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Luns Xaneiro 13, 2014
Start: 13/01/2014 16:00

Estamos de parabéns. Xa está no centro a profesora que, a partir de hoxe, impartirá o PROA, un programa que lle permite ao alumnado estar no centro pola tarde e contar cun profesor que o acompaña para mellorar no seu estudio e no traballo diario. Aproveitémolo ben.

Mércores Xaneiro 22, 2014
Start: 22/01/2014 12:00
End: 22/01/2014 13:10

Ana Soler, profesora na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, e nai dun dos nosos alumnos estivo no centro para ilustrar, a partir dun conto de Violeta Monreal, un sentimento clave na busqueda da Paz: A Felicidade.

 Moitas grazas, Ana pola búsqueda constante,`por aportar moito do teu bo facer e compartilo connosco, facendo posible sermos unha comunidade de aprendizaxe.

Start: 22/01/2014 16:00
End: 22/01/2014 18:00

Puri,  profesora do colexio "Seix do Nadal" de Vigo, falounos ao profesorado do centro, sobre outro xeito de aprender as matemáticas. Seguimos formandonos na mellora da aprendizaxe

Venres Xaneiro 24, 2014
Start: 24/01/2014 17:00

Ao longo do venres e do sábado contaremos no centro coa ponente Isabel González Avión" profesora e nai dun dos nosos alumnos, que nos dará conta da aportación das mulleres nos eidos da música e as letras ao longo do tempo. Pasiños no camiño da creación de verdadeiras Comunidades de Aprendizaxe.

Sábado Xaneiro 25, 2014
Start: 24/01/2014 17:00
End: 25/01/2014 19:00

Ao longo do venres e do sábado contaremos no centro coa ponente Isabel González Avión" profesora e nai dun dos nosos alumnos, que nos dará conta da aportación das mulleres nos eidos da música e as letras ao longo do tempo. Pasiños no camiño da creación de verdadeiras Comunidades de Aprendizaxe.

Xoves Xaneiro 30, 2014
Start: 30/01/2014 13:10
End: 30/01/2014 14:00

Son todos os días, días de Paz. Ou niso traballamos con empeño constante:  aprendendo a resolver os conflictos de forma pacífica sempre. Pero traballar día a día pola Paz require unha festa especial, e iso será o día 30. Preparados?

Distribuir contido


by Dr. Radut