Skip to Content

 

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Mércores Novembro 20, 2013
Start: 20/11/2013 23:18

En moitas aulas xa están en marcha diversas actividades para coñecer e poñer en valor os dereitos dos nenos e nenas no mundo, para que sempre os teñamos presentes. Debemos ser conscientes dos deberes que nos supón que se cumpran estes dereitos. 

Start: 20/11/2013 23:29

Antía Galego Varela, ex-alumna do centro e protésico dental especializada na saúde bucal da infancia será a encargada de ensinarlles aos nosos nenas e nenas da importancia de ter unha boa hixiene dental e como debemos proceder para conseguilo.

Moitas grazas, Antía

Luns Novembro 25, 2013
Start: 25/11/2013 23:57

As nosas nenas e nenos están aprendendo a importancia do respecto, o diálogo a solución pacífica de conflictos, a necesaria corresponsabilidade nas tarfas da casa a xogar con coches e bonecas indistintamente do sexo, o valor da tolerancia. Queremos un futuro mellor para elas e para eles. E sabemos que vós, pis e nais, avós e avoas, que os educades na casa tamén o queredes. Dádelle pois exemplo de boas prácticas, respecto e tolerancia.

Xoves Decembro 05, 2013
Start: 05/12/2013 09:10
End: 05/12/2013 09:10

Con motivo da celebración do Día da Constitución e do Estatuto de Autonomía de Galicia ao longo desta semana os diferentes niveis estiveron presentes no acto de izado e arriada das bandeiras de España e de Galicia. O xoves, todo o alumnado do centro estoitará en voz dos seus compañeiros, unha escolma de artigos da Constitución e do Estatuto.

Distribuir contido


by Dr. Radut