Skip to Content

 

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Venres Novembro 08, 2013
Start: 08/11/2013 12:20

O pasado día 8 fixemos a festa do Magosto. Foi un día grande, ben divertido e emocionante. Houbo moitos xogos e castañas asadas que disfrutamos en boa compañía. Tamén contamos nese día coa visita do inspector.

Luns Novembro 11, 2013
Start: 11/11/2013 12:00

O luns día 11 o equipo directivo do centro e a directiva da ANPA  reuniuse na Xefatura Territorial de Pontevedra co delegado provincial, o xefe territorial da Consellería de Cultura e Educación, o inspector da zona de Cambados, o alcalde de Cambados, o arquitecto e o arquitecto técnico da Xefatura Territorial para abordar o tema da mellora das instalacións deportivas no colexio. O delegado territorial comprometeuse a realizar as obras de mellora no ano 2014. A unidade tecnica fará un estudo e unha valoración orzamentaria das obras a realizar.

Mércores Novembro 20, 2013
Start: 20/11/2013 23:18

En moitas aulas xa están en marcha diversas actividades para coñecer e poñer en valor os dereitos dos nenos e nenas no mundo, para que sempre os teñamos presentes. Debemos ser conscientes dos deberes que nos supón que se cumpran estes dereitos. 

Start: 20/11/2013 23:29

Antía Galego Varela, ex-alumna do centro e protésico dental especializada na saúde bucal da infancia será a encargada de ensinarlles aos nosos nenas e nenas da importancia de ter unha boa hixiene dental e como debemos proceder para conseguilo.

Moitas grazas, Antía

Distribuir contido


by Dr. Radut