Skip to Content

 

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Abril 23, 2013
Start: 23/04/2013 12:23
End: 23/04/2013 13:10

O martes, día 23 de abril celébrase o Día do Libro. Con tal motivo, todo o alumnado do centro acudíu á Sala de Usos Múltiples. Alí dous alumnos de cada aula, en representación dos seus compañeiros, irán lendo capítulos seleccionados da obra máis importante da literatura española: "Don Quijote de la Mancha", do inmortal Miguel de Cervantes Saavedra. Animádevos a coñecela e mergullarvos nas súas aventuras.

Venres Maio 10, 2013
Start: 10/05/2013 10:00
End: 10/05/2013 11:34

O alumnado do centro puido disfrutar no Auditorio "A Xuventude" de Cambados, cun concerto didáctico titulado "Peer Gynt " interpretado pola Banda de Música de Castrelo.

Xoves Maio 16, 2013
Start: 16/05/2013 12:45
End: 16/05/2013 13:45

Con motivo do Día das Letras Galegas, o alumnado do centro poderá descubrir, no Paseo da Calzada, os carteis conmemorativos encol de Roberto Vidal Bolaño que elaboraron os distintos centros educativos do Concello. Logo terá lugar a Ofrenda Floral diante da estatua ao noso poeta Ramón Cabanillas, ante a  que se lerán diversos poemas e textos seleccionados dos mais grandes escritores da nosa lingua, Vémonos alí.

Martes Maio 21, 2013
Start: 21/05/2013 10:00
End: 21/05/2013 11:00

Desta volta son os máis cativos do centro os que van disfrutar dunha sesión de contacontos moi especial. Modesta Padín, profesora de música no Auditorio "A Xuventude", será quen lles conte as aventuras de "Paco Paquiño". A disfrutar!

Start: 21/05/2013 11:15
End: 21/05/2013 13:10

O alumnado de sexto estase a preparar para dar o salto á Educación Secundaria Obrigatoria. E o martes estarán alí no IES " Ramón Cabanillas" para coñecer as instalacións, reencontrarse cos seus compañeiros do curso pasado e escoitar, da man da orientadora, o que vai supoñer esta nova etapa: as materias, horarios, normas e requisitos que implica. Voa viaxe!

Distribuir contido


by Dr. Radut