Skip to Content

 

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Mércores Xaneiro 30, 2013
Start: 30/01/2013 12:00
End: 30/01/2013 13:10

O día 30 de xaneiro queremos celebrar o Día da Paz dun xeito moi especial: cada clase aportará as súas mellores propostas para acadar esa ansiada Paz: na casa, na escola, no parque ... As pombas mensaxeiras levarán unha mensaxe de Paz e gratitude; veremos levantar o voo ao globo de papel cos nosos mellores desexos (se non chove) e cantaremos xuntos un himno de paz.

Xoves Xaneiro 31, 2013
Start: 31/01/2013 10:00
End: 31/01/2013 11:30

Os días 31 de xaneiro e 1 de febreiro o alumnado do centro poderá disfrutar dunha divertida peza de teatro en lingua inglesa no Auditorio de Cambados.

Venres Febreiro 01, 2013
Start: 01/02/2013 10:00
End: 01/02/2013 13:27

O alumnado de 4º, 5º e 6º disfrutou en grande das obras de teatro que puideron ver no Auditorio de Cambados.

Sábado Febreiro 02, 2013
Start: 02/02/2013 13:32

Este luns, a partir das catro da tarde aprenderemos a mellorar as técnicas de creación e composición escrita da man dun dos nosos grandes poetas. David Otero. Vémonos.

Mércores Febreiro 06, 2013
Start: 06/02/2013 12:00
End: 06/02/2013 14:01

O alumnado de 5º e 6º participará nunha campaña de sensibilización sobre a Reciclaxe.

Venres Febreiro 08, 2013
Start: 08/02/2013 12:30
End: 08/02/2013 13:30

Por fin chegou o Entroido, cos disfraces, as coplas e eses doces tan ricos destas datas. Xa case todo está preparado para a festa.

Venres Febreiro 15, 2013
Start: 15/02/2013 10:00
End: 15/02/2013 12:35

O alumnado de 1º Ciclo terá hoxe unha sesión de cine moi especial. Grazas á colaboración do SPAD de Vilagarcía que nos proxectará o film "Tiana y el sapo", poderán reflexionar sobre valores e actitudes fundamentais que lles axudarán no crecemento en saúde e na prevención de drogodependencias

Martes Febreiro 19, 2013
Start: 19/02/2013 00:43

O profesorado do centro iniciará unhas sesións de formación que nos axudarán a utilizar os blogs de aula para motivar ao alumnado na lectura e na escritura convertíndoos en axentes máis activos na súa aprendizaxe

Start: 19/02/2013 10:00
End: 19/02/2013 14:00

O alumnado de 6º terá dúas sesión de traballo e reflexión guiadas pola responsable do SPAD de Vilagarcía, que lle ensinará a entender que hai detrás das mensaxes publicitarias, cáles son as técnicas coas que xogan os publicistas para vendernos productos de consumo, en ocasións verdadeiramente perigosos para a nosa saúde física e mental. Tamén nos dará claves para sobrelevar a presión do grupo de iguais, que nestas idades empeza a ser moi importante.

Distribuir contido


by Dr. Radut