Avda. Vilariño, 29. 36630 Cambados. Pontevedra.
Tfno: 886151181 /886151182
Fax: 886151183
Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/cepantoniomagarinos
Email: cep.antonio.magarinhos@edu.xunta.es
Biblioteca: http://opacmeiga.rbgalicia.org
Avda. Vilariño, 29. 36630 Cambados. Pontevedra.
Tfno: 886151181 /886151182
Fax: 886151183
Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/cepantoniomagarinos
Email: cep.antonio.magarinhos@edu.xunta.es
Biblioteca: http://opacmeiga.rbgalicia.org
O alumnado do terceiro Ciclo terá este martes unha xornada de reflexión a cargo de Gas Natural- Fenosa sobre a relación tan estreita entre a enerxía, a conservación do medio ambiente e a necesaria implicación de cada un de nós neste coidado.
O vindeiro venres, día 21, na aula de Usos Múltiples do colexio terá lugar a presentación do proxecto didáctico "Pola vila de Cambados". Poderemos escoitar o manifesto que, con tal motivo nos lerá o escritor Exidio Cuiñas e tamén se procederá á lectura duns poemas que, con tal ocasión nos envía a escritora Mucha Durán.
Para a celebración do día da paz este ano sairemos ao patio lucindo as pombas que fomos preparando esta semana; darémoslle lectura ás reflexións que se fixeron en cada aula sobre a importancia de paz e como mantela e conseguila. De xeito simbólico soltaremos pombas que aledarán o ceo e un globo de papel que levará os mellores desexos e a ilusión de todos. Rematará o acto cunha canción, pero seguiremos traballando cada día para que a paz sexa unha realidade no mundo que estamos a contruír.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |