Avda. Vilariño, 29. 36630 Cambados. Pontevedra.
Tfno: 886151181 /886151182
Fax: 886151183
Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/cepantoniomagarinos
Email: cep.antonio.magarinhos@edu.xunta.es
Biblioteca: http://opacmeiga.rbgalicia.org
Avda. Vilariño, 29. 36630 Cambados. Pontevedra.
Tfno: 886151181 /886151182
Fax: 886151183
Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/cepantoniomagarinos
Email: cep.antonio.magarinhos@edu.xunta.es
Biblioteca: http://opacmeiga.rbgalicia.org
O venres, ás nove da mañá, logo do izado das bandeiras de España e de Galicia, o alumnado procederá á lectura de diversos artigos da Constitución española e do Estatuto de autonomía de Galicia.
Xa moi perto do Nadal saimos "Pola Vila de cambados" co alumnado de 2º, que visitou nesta semana as novas dependencias da Biblioteca Municipal. Alí os nenos e nenas do colexio, ademais de atopar aos seus compañeiros descubrirán un mundo inmenso de amigos nos libros que os esperan.
O Concello de Cambados e a editorial OQO, dentro do programa "Bocaberta" da Consellería invitan aos nenos e nenas de Cambados a disfrutar do espectáculo que teñen preparado para eles no Auditorio Municipal. Será este venres ás seis da tarde. Non faltedes. A entrada é de valde. "Esperamos vervos "En clave de conto" ás seis da tarde, este venres.
O alumnado de 5ºA acodirá o martes ao Asilo de Cambados para facerlles unha visita aos nosos maiores, cantarlles unhas panxoliñas e deixarlles, no nome de todos os nenos e nenas do colexio un agasallo de Nadal, levándolles os cartos que se recaudaron coa venta dos calendarios. Agradecémoslle a todo o alumnado e ás súas familias a súa colaboración. Esperamos que os nosos anciáns poidan pasar tamén unhas moi felices festas.
Tal e como se recolle na Programación Xeral Anual, o día 22 será a entrega de notas do 1º Trimestre.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |