Avda. Vilariño, 29. 36630 Cambados. Pontevedra.
Tfno: 886151181 /886151182
Fax: 886151183
Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/cepantoniomagarinos
Email: cep.antonio.magarinhos@edu.xunta.es
Biblioteca: http://opacmeiga.rbgalicia.org
Avda. Vilariño, 29. 36630 Cambados. Pontevedra.
Tfno: 886151181 /886151182
Fax: 886151183
Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/cepantoniomagarinos
Email: cep.antonio.magarinhos@edu.xunta.es
Biblioteca: http://opacmeiga.rbgalicia.org
Hoxe o alumnado de 5º visita as diferentes salas de exposición do Museo Provincial de Pontevedra.
O alumnado de 1ºB visitará o venres, día 5, as novas instalacións da Biblioteca Municipal de Cambados
A partir do día 12 e durante dúas semanas, todo o alumnado do centro asistirá a diferentes sesións nas que se lle ensinará a importamcia da corresponsabiblidade nas tarefas de todos os membros da familia. Para tal finalidade contaremos coa presencia de Anabel, a psicóloca do Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Cambados.
O venres 12 celebraremos a festa do magosto na que, despois de realizar diversos xogos no patio, profesorado e alumnado dará conta das castañas asadas.
Agradecémoslle que lles manden aos nenos/as uns paus de leña e unha poucas castañas xa picadas, antes do venres
O día 12, ás sete e media do serán, en Exposalnés, o psiquiatra infantil Federico Menéndez Osorio falaranos das "Relacións pais-fillos, educación autonomía, autoridade e responsabilidade".
O alumnado de 3º Ciclo, acompañado dos seus titores e a profesora de Música acudirá, o 16 de novembro, ao Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra para disfrutar da audición do conto "O cazador e a balea" que irá presentándolle ao alumnado os protagonistas e os diversos instrumentos musicais que os representan.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |