Avda. Vilariño, 29. 36630 Cambados. Pontevedra.
Tfno: 886151181 /886151182
Fax: 886151183
Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/cepantoniomagarinos
Email: cep.antonio.magarinhos@edu.xunta.es
Biblioteca: http://opacmeiga.rbgalicia.org
Avda. Vilariño, 29. 36630 Cambados. Pontevedra.
Tfno: 886151181 /886151182
Fax: 886151183
Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/cepantoniomagarinos
Email: cep.antonio.magarinhos@edu.xunta.es
Biblioteca: http://opacmeiga.rbgalicia.org
Como un primeiro paso para adentrarnos no mundo que nos rodea e comprendelo; como un primeiro paso camiño das técnicas de estudio imos tentar adentrarnos en como conseguir que nós como adultos saibamos achegar a técnica e o pracer da lectura aos nosos rapaces/as.
Dentro das actividades programadas durante o mes de abril para a celebración do Día do Libro, o alumnado de 6ºA visitará o vindeiro 28 de abril a Biblioteca Municipal en Cambados
Festa dos maios coa exposición dos maios elaborados e das coplas.
O alumnado de 1º, 2º e 3º pertencente á ANPA disfrutará o sábado dunha excursión ao Parque Natural de Marcelle, na provincia de Lugo
Un ano máis Anxo Fariña veu ao colexio para falarnos de como crear contos e historias, convertirnos en escritores e mesmo en ilustradores seguindo as claves máxicas do seu bo facer. Desfrutaron da sesión os alumnos/as de cuarto, quinto e sexto que levaron como recordo uns bonitos debuxos, o principio dun conto e a semente da creación.
Continuando coa experiencia iniciada no curso pasado, podemos disfrutar dunhas estupendas sesións de contacontos grazas a colaboración de mestres que, como Inma, nos agasallan coa maxia das palabras. Desta volta foron os alumnos e alumnas de 1º os que puideron disfrutar destes momentos tan especiais arredor dun libro e da palabra. Grazas Inma
O vindeiro mércores día 12, á seis da tarde o alumnado do grupo de "Taller de Expresión " do colexio poñerá en escea No Auditorio "A Xuventude" a peza titulada "O rapaz no buraco", adapatación do libro de Jordi Sierra i Fabra titulado "El niño que cayó en un agujero".
Este xoves, 13 de maio, pola tarde, estará no centro Azucena Arias para falarnos de LECTURA.
O alumnado do centro acompañado do profesorado cebebrará na Calzada o Día das Letras Galegas diante do monumento a Ramón Cabanillas participando na ofrenda floral e no recital poético adicado este ano Uxío Novoneyra
Aproveitando un martes sen clase o alumnado de 4º, 5º e 6º que pertence á ANPA disfrutará dun día de lecer en Marín.
O vindeiro 21 de maio todo o alumnado do centro, acompañado dos seus titores, acudirá ao Auditorio Municipal "A Xuventude" para presenciar un espectáculo de Maxia a cargo do mago Norberto, xestionado por Antonio García, pai dunha alumna do centro, a través da asociación "Niños Sanos" e coa colaboración da Diputación Provincial de Pontevedra.
O alumnado do Terceiro Ciclo fará a excursión de fin de curso a Santiago de Compostela acompañado dos seus profesores.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |