Avda. Vilariño, 29. 36630 Cambados. Pontevedra.
Tfno: 886151181 /886151182
Fax: 886151183
Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/cepantoniomagarinos
Email: cep.antonio.magarinhos@edu.xunta.es
Biblioteca: http://opacmeiga.rbgalicia.org
Avda. Vilariño, 29. 36630 Cambados. Pontevedra.
Tfno: 886151181 /886151182
Fax: 886151183
Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/cepantoniomagarinos
Email: cep.antonio.magarinhos@edu.xunta.es
Biblioteca: http://opacmeiga.rbgalicia.org
O alumnado de 5º está a realizar diversas actividades en relación co Parque Natural das Illas Atlánticas. O luns, responsables do Parque estarán no centro para explicarnos aspectos de gran importancia de cara á súa conservación. Tamén aproveitarán para preparar a saída á Illa de Sálvora.
O martes, día 6 de abril, teremos unha sesión formativa sobre o funcionamento e as aplicacións na aula do proxector dixital de opacos.
As monitoras do SPAD de Vilagarcía estarán de novo no centro, desta volta para realizar diversas actividades co alumnado de sexto para reflexionar sobre a presión de grupo e a publicidade.
En relación coa participación do programa do Parque das Illas Atlánticas o alumnado de quinto vai visitar, xunto cos seus titores e cos responsables do Parque, a Illa de Sálvora.
O alumnado de 3º acompañado das súas titoras vai visitar o Pazo de Bazán (actual Parador de Turismo de Cambados) como parte dos contidos relacionados cos"Diferentes tipos de vivenda: Os pazos".
O próximo mércores contaremos no centro coa presenza de Miguel Anxo Fernández, mestre, crítico de cine, xornalista e escritor. Estará co alumnado do 3º Ciclo para falarlles de escribir e de ler, de crear e contar, de novela e de cine, .. e, entre outras cousas, dos "Detectives na novela galega".
O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Garda Civil impartirá unha charla para nais e pais o vindeiro mércores, día 14 de abril, no Auditorio de Vilagarcía de Arousa, ás oito da tarde, para falarnos do funcionamento e as avantaxas que as redes sociais como o Facebook, Twenty, as redes P2P ou o Wifi"Chat" presentan para os mozos e mozas ...; incidirase de xeito especial nos riscos que pode conlevar o seu
O vindeiro luns 19 o alumnado de Segundo Ciclo acudirá, acompañado das súas titoras á representación da obra "El niño Colchón" no Auditorio do Centro Social Caixanova en Pontevedra.
O luns 19 pola tarde todo o alumnado do centro está invitado á representación que o grupo de teatro Caracol nos ten preparado este ano e que, como en anos anteriores poñerá en escena no IES Asorey. Varios profesores sairán ás 15:30 e acompañarán ao alumnado que queira desplazarse dende o centro. Os demais poden acudir directamente ao IES.
Desta volta será o alumnado do 3º Ciclo o que, das mans das monitoras do SPAD de Vilagarcía, afonden na temática que se plantexa a través da proxección da película "Azur y Asmar".
Dentro das actividades programadas durante o mes de abril para a celebración do Día do Libro, o alumnado de 2ºB visitarán o vindeiro 21 de abril a Biblioteca MUnicipal en Cambados
Co gallo do "Día do Libro" o Concello coa colaboración dos centros educativos de Cambados, un maratón de lectura no Auditorio Municipal. Este ano a temática versará encol do "Camiño de Santiago" e leranse, ao longo da mañá divertos textos de autores vinculados ao Camiño ou que fan referencia a este.
Como un primeiro paso para adentrarnos no mundo que nos rodea e comprendelo; como un primeiro paso camiño das técnicas de estudio imos tentar adentrarnos en como conseguir que nós como adultos saibamos achegar a técnica e o pracer da lectura aos nosos rapaces/as.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |