Skip to Content

 

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Marzo 23, 2010
Start: 23/03/2010 10:00
End: 23/03/2010 11:45

Carmen e Ángeles do SPAD (Servizo de Prevención de Drogodependencias) de Vilagarcía, estiveron no centro co alumnado de 5º para realizar un "Obradoiro de preparación de bebidas saúdables".

A verdade é que entre todos demos boa conta dos batidos e zumes que crearon coas laranxas, fresas, kiwis, leite, nata, xeo, ... mesturados moi sabiamente.

Estaba todo delicioso

Mércores Marzo 24, 2010
Start: 24/03/2010 00:00

Ao longo do mércores 24 de marzo e do xoves 25, os diferentes grupos de alumnos/as do centro xunto cos seus titores acodiron á aula de usos múltiples para realizar diversas actividades encol da lectura.

Todo empezou cun pequeno experimento no que os rapaces habían de ler un texto e realizar o que alí se lles indicaba. Logo, noutra lámina, realizaban tamén diversas tarefas segundo as instruccións escritas que se sinalaban na mesma.

Xoves Marzo 25, 2010
Start: 24/03/2010 00:00
End: 25/03/2010 14:00

Ao longo do mércores 24 de marzo e do xoves 25, os diferentes grupos de alumnos/as do centro xunto cos seus titores acodiron á aula de usos múltiples para realizar diversas actividades encol da lectura.

Todo empezou cun pequeno experimento no que os rapaces habían de ler un texto e realizar o que alí se lles indicaba. Logo, noutra lámina, realizaban tamén diversas tarefas segundo as instruccións escritas que se sinalaban na mesma.

Venres Marzo 26, 2010
Start: 26/03/2010 10:45
End: 26/03/2010 12:00

O venres estivo no centro o poeta Xosé María Vila Ribadomar para ler o "Manifesto" do proxecto que se está a desenvolver no centro: "Polos carreiros de Uxío Novoneyra". Completaron o acto a lectura dunha pequena biografía sobre Uxío Novoneyra, así como a lectura compartida dun pequeno conto de Uxío "Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín" na que participaron alumnos/as de todas as aulas.

Martes Abril 06, 2010
Start: 06/04/2010 10:00
End: 06/04/2010 11:45

O alumnado de 5º está a realizar diversas actividades en relación co Parque Natural das Illas Atlánticas. O luns, responsables do Parque estarán no centro para explicarnos aspectos de gran importancia de cara á súa conservación. Tamén aproveitarán para preparar a saída á Illa de Sálvora.

Start: 06/04/2010 16:00
End: 06/04/2010 17:00

O martes, día 6 de abril, teremos unha sesión formativa sobre o funcionamento e as aplicacións na aula do proxector dixital de opacos.

 

Luns Abril 12, 2010
Start: 12/04/2010 10:00
End: 12/04/2010 11:45

As monitoras do SPAD de Vilagarcía estarán de novo no centro, desta volta para realizar diversas actividades co alumnado de sexto para reflexionar sobre a presión de grupo e a publicidade.

Martes Abril 13, 2010
Start: 13/04/2010 00:00
End: 13/04/2010 17:00

En relación coa participación do programa do Parque das Illas Atlánticas o alumnado de quinto vai visitar, xunto cos seus titores e cos responsables do Parque, a Illa de Sálvora.

Start: 13/04/2010 12:15
End: 13/04/2010 13:30

O alumnado de 3º acompañado das súas titoras vai visitar o Pazo de Bazán (actual Parador de Turismo de Cambados) como parte dos contidos relacionados cos"Diferentes tipos de vivenda: Os pazos".

Mércores Abril 14, 2010
Start: 14/04/2010 10:00
End: 14/04/2010 11:00

O próximo mércores contaremos no centro coa presenza de Miguel Anxo Fernández, mestre, crítico de cine, xornalista e escritor. Estará co alumnado do 3º Ciclo para falarlles de escribir e de ler, de crear e contar, de novela e de cine, .. e,  entre outras cousas, dos "Detectives na novela galega".

Start: 14/04/2010 20:00
End: 14/04/2010 21:00

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Garda Civil impartirá unha charla para nais e pais o vindeiro mércores, día 14 de abril, no Auditorio de Vilagarcía de Arousa, ás oito da tarde, para falarnos do funcionamento e as avantaxas que as redes sociais como o Facebook, Twenty, as redes P2P ou o Wifi"Chat" presentan para os mozos e mozas ...; incidirase de xeito especial nos riscos que pode conlevar o seu

Distribuir contido


by Dr. Radut