Avda. Vilariño, 29. 36630 Cambados. Pontevedra.
Tfno: 886151181 /886151182
Fax: 886151183
Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/cepantoniomagarinos
Email: cep.antonio.magarinhos@edu.xunta.es
Biblioteca: http://opacmeiga.rbgalicia.org

Carmen e Ángeles do SPAD (Servizo de Prevención de Drogodependencias) de Vilagarcía, estiveron no centro co alumnado de 5º para realizar un "Obradoiro de preparación de bebidas saúdables".
A verdade é que entre todos demos boa conta dos batidos e zumes que crearon coas laranxas, fresas, kiwis, leite, nata, xeo, ... mesturados moi sabiamente.
Estaba todo delicioso
Ao longo do mércores 24 de marzo e do xoves 25, os diferentes grupos de alumnos/as do centro xunto cos seus titores acodiron á aula de usos múltiples para realizar diversas actividades encol da lectura.
Todo empezou cun pequeno experimento no que os rapaces habían de ler un texto e realizar o que alí se lles indicaba. Logo, noutra lámina, realizaban tamén diversas tarefas segundo as instruccións escritas que se sinalaban na mesma.

O venres estivo no centro o poeta Xosé María Vila Ribadomar para ler o "Manifesto" do proxecto que se está a desenvolver no centro: "Polos carreiros de Uxío Novoneyra". Completaron o acto a lectura dunha pequena biografía sobre Uxío Novoneyra, así como a lectura compartida dun pequeno conto de Uxío "Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín" na que participaron alumnos/as de todas as aulas.
O alumnado de 5º está a realizar diversas actividades en relación co Parque Natural das Illas Atlánticas. O luns, responsables do Parque estarán no centro para explicarnos aspectos de gran importancia de cara á súa conservación. Tamén aproveitarán para preparar a saída á Illa de Sálvora.
O martes, día 6 de abril, teremos unha sesión formativa sobre o funcionamento e as aplicacións na aula do proxector dixital de opacos.
As monitoras do SPAD de Vilagarcía estarán de novo no centro, desta volta para realizar diversas actividades co alumnado de sexto para reflexionar sobre a presión de grupo e a publicidade.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |