Este ano quixemos dedicar o 8 de marzo a unha muller que durante 44 anos viviu e traballou no Faro do Cabo Vilán, Cristina Fernández. Non deixedes de ver esta entrevista virtual realizada polo alumnado do centro na que nos somerxemos por uns minutos na fantástica vida dunha fareira; unha das tres primeiras da nosa Comunidade Autónoma.
Non podíamos esquecer neste día, as mulleres máis importantes da nosa vida: nais, avoas, tías, madriñas... , para as que tamén preparamos unha actividade moi especial, a cal poderedes ver a finais desta semana no blog da biblioteca.
Esperamos que vos guste!