Guía para usuarios da Web do centro (Drupal usuarios)
Guía en formato imprimible para os usuarios editores da web do centro, dentro do proxecto websdinámicas.
Drupal 5.x, usuarios
Drupal 5.x, usuarios
Proxecto Webs Dinámicas por Consellería de Educación e O. U. - Xunta de Galicia, 2009 está licenciado baixo unha Licenza Creative Commons Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza 3.0 España License. Permisos máis alá do alcance desta licenza poden estar dispoñibles en http://centros.edu.xunta.es/websdinamicas/?q=node/562. |
7. Multimedia
7.8. Exemplo de vídeo embebido
Visitaremos a páxina de YouTube (http://www.youtube.com/) e buscaremos un vídeo existente relacionado coa temática tratada, neste exemplo cos volcáns.
Unha vez que teñamos localizado o vídeo desexado, crearemos un novo contido tipo Páxina e seguiremos os pasos indicados no apartado "Embeber vídeos: YouTube" deste módulo.
No apartado de Corpo será onde coloquemos o código HTML para embeber o vídeo. Tamén o podemos acompañar con algunha descrición textual. Unha vez introducido o código, prememos sobre o botón Enviar e xa podemos disfrutar do vídeo na nosa páxina.