Guía para usuarios da Web do centro (Drupal usuarios)
Drupal 5.x, usuarios
Proxecto Webs Dinámicas por Consellería de Educación e O. U. - Xunta de Galicia, 2009 está licenciado baixo unha Licenza Creative Commons Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza 3.0 España License. Permisos máis alá do alcance desta licenza poden estar dispoñibles en http://centros.edu.xunta.es/websdinamicas/?q=node/562. |
5. Edición e publicación de contidos
5.1. Formato de caracteres
Cando creamos un texto, é necesario darlle o formato máis apropiado as nosas nesesidades. Para elo imos a ver as diferentes posibilidades que nos ofrece este enriquecedor de texto. Como xa dixemos, convén non "abusar" dos estilos e facer os nosos contidos demasiado cargados.
Grosa: Estilo tipográfico no que os caracteres teñen un trazo máis groso.
Exemplo: Benvidos a miña páxina.
Cursiva: Estilo tipográfico na que os caracteres teñen un aspecto inclinado.
Exemplo: Benvidos a miña páxina.
Suliñado: Estilo tipográfico consistente en poñer una raia debaixo da
palabra para destacala do resto.
Exemplo: Benvidos a miña páxina.
Aliñación á esquerda: Atributo que aliña o texto á esquerda.
Aliñación ó centro: Atributo que aliña o texto ó centro.
Aliñación á dereita: Atributo que aliña o texto á dereita.
Aliñación xustificada: Atributo que axusta o texto de dereita e esquerda,
equilibrando os espazos entre palabras.
Lista por puntos(Viñetas): Atributo baseado en sangría francesa que permite listar o texto por puntos.
Numeración: Atributo baseado na sangría francesa que permite listar o texto por categorías.
Sangría á esquerda: Permite desprazar o texto hacia a esquerda.
Sangría á dereita: Permite desprazar o texto hacia a dereita.
Desfacer: Permite desfacer a operación realizada, reconstruindo o anterior.
Refacer: Permite refacer a operación realizada anteriormente.
Cor de texto: Permite escoller unha cor diferente para aplicar ao texto.
Exemplo: cor de texto personalizada.
Para seleccionar unha cor de texto diferente hai que premer sobre a icona anterior e aparecerá unha paleta de cores. Pincharemos sobre a cor desexada e listo.
Neste combo poderemos elexir o tipo de fonte máis axeitado.
Neste combo podemos elexir o tamaño do texto.
Neste combo poderemos colocar o texto coas opcións incluídas por defecto. Cada unha delas teñen unha configuración distinta con sangrías, alienacións, tamaño de texto, etc...
A continuación presentamos unha imaxe de exemplo cos algúns destes formatos aplicados.