Guía para usuarios da Web do centro (Drupal usuarios)
7. Multimedia
7.8. Exemplo de vídeo embebido
Visitaremos a páxina de YouTube (http://www.youtube.com/) e buscaremos un vídeo existente relacionado coa temática tratada, neste exemplo cos volcáns.
Unha vez que teñamos localizado o vídeo desexado, crearemos un novo contido tipo Páxina e seguiremos os pasos indicados no apartado "Embeber vídeos: YouTube" deste módulo.
No apartado de Corpo será onde coloquemos o código HTML para embeber o vídeo. Tamén o podemos acompañar con algunha descrición textual. Unha vez introducido o código, prememos sobre o botón Enviar e xa podemos disfrutar do vídeo na nosa páxina.