Skip to Content

5º curso

Día do Libro 2023

   
   

O martes, 25 de abril celebramos no noso colexio o día do libro.

Antes do recreo, o alumnado de quinto curso dispuxémonos a facer unha lectura colectiva do libro que estamos a ler nun atril á entrada da biblioteca.

Máis tarde, na hora da lectura, tódolos alumnos do centro baixamos ao patio para continuar rendíndolle tributo a un valor e ferramenta sen o cal non estariamos aquí, como é o libro.

Para ver unha representación en VÍDEO DE CADA CLASE DE QUINTO, premede nos enlaces de cada clase:

VÍDEO DE 5ºA      VÍDEO DE 5ºB

                                                           

 

Visita de Fina Casalderrey

Para celebrar o día do libro, unha das mellores escritoras para ilustrarnos: Fina Casalderrey.

Presentouse tal cal é, como a mestra que é e cuxa profesión desenvolviu por arredor de corenta anos. Do seu maxisterio e boa conexión co alumnado deu sobradas mostras este luns, 24 de abril:

  

Unha escritora ilustre

"La casa del tejado rojo" é o título dunha obra que se está a ler en 5º e 6º curso do noso colexio.

Este venres, 31 tivemos a oportunidade de que a súa prestixiosa autora, MÓNICA RODRÍGUEZ SUÁREZ, compartira connosco uns momentos para falar del e de todo tipo de cuestións relacionadas coa súa vida e obra.

   
Na primeira imaxe, Mónica asinando exemplares do libro de lectura a dúas alumnas de 5º curso. Na foto da dereita, visión da charla nas dependencias da biblioteca do centro.  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Para saber máis sobre Mónica Rodriguez, premede AQUÍ 

Plan prevención dor de costas

Este venres, 31 de marzo, fisioterapeutas do Sergas na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés viñeron ao noso centro nun programa para previr a dor de costas en adolescentes.

Trátase de levar a cabo unha intervención educativa nas aulas cando aínda son nenos. O coordinador da iniciativa é Guillermo Bilbao Ogando, profesional da unidade de fisioterapia de atención primaria (UFAP) do centro de saúde de Tenorio.

O programa está dirixido a escolares que cursan 4.º e 5.º de educación primaria.

Un plan similar iniciouse no ano 2018 da man da unidade de desviacións do raquis do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP). Interrompeuse pola pandemia do Covid e agora retómase cunha actualización de contidos e dependendo dos fisioterapeutas de atención primaria, e non de atención hospitalaria.

Aquí deixamos unhas fotos para o recordo:

   
   

Visita do alumnado de Ciencias da Educación e do Deporte de Uvigo

O pasado xoves, 23 de marzo tivemos a visita do alumnado de Ciencias de Educación e Deporte da Universidade de Vigo de fomentar proxectos para transformar o patio do noso colexio.

A idea era contactar coas inquedanzas do alumnado e propoñer melloras en acorde coas súas expectativas.

En vindeiras datas, e de forma recíproca, unha representación do noso colexio irá ás dependencias da Facultade no campus da Xunqueira para visionar os proxectos.

Velaí unhas instantáneas da visita:

   
   

Para ver a noticia na páxina da Universidade, premer AQUÍ

Día da Paz

   
   
   

O xoves, 23 de febreiro, celebramos o Día de Rosalía.

No patio do colexio, cantamos "ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES" musicados polo grupo ASTAROT.

Distribuir contido


by Dr. Radut