Skip to Content

Plan prevención dor de costas

Este venres, 31 de marzo, fisioterapeutas do Sergas na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés viñeron ao noso centro nun programa para previr a dor de costas en adolescentes.

Trátase de levar a cabo unha intervención educativa nas aulas cando aínda son nenos. O coordinador da iniciativa é Guillermo Bilbao Ogando, profesional da unidade de fisioterapia de atención primaria (UFAP) do centro de saúde de Tenorio.

O programa está dirixido a escolares que cursan 4.º e 5.º de educación primaria.

Un plan similar iniciouse no ano 2018 da man da unidade de desviacións do raquis do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP). Interrompeuse pola pandemia do Covid e agora retómase cunha actualización de contidos e dependendo dos fisioterapeutas de atención primaria, e non de atención hospitalaria.

Aquí deixamos unhas fotos para o recordo:

   
   


blog | by Dr. Radut