Arquivos, ficheiros, carpetas e cartafoles
- Recomendamos que os nomes dos arquivos ou ficheiros e das carpetas ou cartafoles se escriban con minúscula, sen acentos, sen espazos nin caracteres extranos (ñ, +, <, ç,...), e sexan cortos.
BEN | MAL |
- Arquivos de imaxe: imaxe.gif, imaxe.jpg, imaxe.jpeg ou imaxe.png.
Calquera deses formatos é válido, recomendamos png. A imaxes non deben de ser moi grandes, Probablemente teñamos que escalalas con Gimp ou outro programa semellante.
Para as iconas das páxinas chega un tamaño de 100x100 px. Para introducir nun texto debería ser suficiente 500x500px.
As imaxes que descargamos de internet teñen dono sempre que non indiquen que se poden empregar libremente ou citando o/a autor/a.
- Arquivos de texto: deberiamos empregar PDF.
Se empregamos PDF garantizamos que o usuario/a vai poder acceder e descargalo. Logo indicaremos como cumprimentalo.
Se empregramos arquivos de Word (doc, docx ) ou libreOffice (.odt) abrigamos ao usuario a traballar cun formato que seguramente pode abrir pero vaise a desordenar ou modificar involuntariamente. Con libre Office poderemos crear moi facilmente arquivos pdf e incluso formulario editables (Fichas con campos editables),
- Arquivos de son: deberiamos empregar mp3, pero permite outros.
Calquer navegador vai ser capaz de reproducilos directamente e son soportados por moodle. - Arquivos de video: Un formato que moodle soporta é o mp4. Permite outros (mov, webm) pero con mp4 temos garantizada a reprodución.
- Copiar texto dunha web para pegar nun arquivo ou páxina.
Non deberiamo copiar texto dunha páxina, dun ficheiro de texto, dunha aplicación para a nosa tarefa de moodle. Cada documento ten un código oculto que tamén copiamos e logo cando elaboremos a nosa páxina vaise determinar comportamentos estraños. As imaxes mesmo desaparecerán.
Cando copiemos un texto, ex: unha noticia dun xornal, teremos que pegalo nun programa que elimine o formato (Block de notas, editor de texto txt, Mousepad,...) de xeito que perda o código. Logo pegarémolo e darémoslle o formato correspondente.
As imaxes deben insertarse, non pegalas.