1. PROPOSTA DO PROXECTO

Todos os días utilizamos unha serie de aparatos que necesitan a electricidade para o seu funcionamento, a neveira, as lámpadas, ... Estes aparatos reciben a electricidade da rede eléctrica da nosa casa ou de baterías e pilas. Estes aparatos transforman esa enerxía para obter diferentes cousas, un lavadora para producir movemento e calor para quentar a auga, as lámpadas en luz...pero que sabes ti da electricidade????

Contesta a estas preguntas no encerado dixital que hai debaixo. Poñeremos en común o que sabes ti e os teus compañeiros e a partir de aquí aprenderemos un montón de cousas sobre a enerxía eléctrica.


(Acceso encerado)