Skip to Content

XUNTA DE GALICIA

Resultados de la búsqueda - Xunta de Galicia

Uso responsable das pantallas

Estimadas familias, dende o CEIPP de Baño-Xanza estamos comprometidos e promovemos un uso responsable das pantallas, ferramentas tecnolóxicas que nos ofrecen numerosos beneficios, pero que tamén é importante que usemos de forma sensata.

 

É fundamental que sexamos conscientes dos retos que supoñen. Un uso excesivo ou inadecuado das pantallas pode afectar a saúde física e mental do alumnado, ao seu rendemento académico e ás súas relacións sociais. Por iso, deixamos aquí baixo unha serie de consellos prácticos que nos permitirán establecer uns límites saudables das mesmas, fomentando así o uso responsable das pantallas no fogar.

 

 

 

 

 

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024/2025

 

No documento adxunto podese consultar a relación dos libros de texto do vindeiro curso

 

 

COMEDOR ESCOLAR CURSO 24/25

 

Estimadas familias:

Hoxe día 16 de xuño sairon as instruccións de comedor escolar para o vindeiro curso. Na documentación que se adxunta podedes descargar o anexo II MODELO DE AUTODECLARACIÓN E ESPECIFICACIÓNS (RENDA 2023). Incluímos ademais unhas aclaracións para determinar correctamente a renda familiar nos supostos que non se presenten declaracións. Rogamos lean atentamente para que non haxa erros á hora de cubrir o impreso, xa que dende a Xunta revisarán todas as documentacións como xa fixeron este curso.

Tamén aclaramos que o alumnado que solicite o comedor por primeira vez e sexa alumnado escolarizado como consecuencia de decisións de índole familiar ou persoal nun centro que non lle corresponde por área de influencia, terán que aboar, en concepto de prezo público a cantidade de 4,50 euros por día de servizo durante o primeiro curso, como di o apartado  11 da Instrucción 1/2024 da Secretaría Xeral. Polo que estas familias non presentarán o anexo II.

 

Ábrese o prazo para solicitar a colaboración no comedor escolar a pais/nais/titores legais do alumnado do centro. Deberán cubrir o documento adxunto e presentalo no centro, xunto coa fotocopia do DNI, tarxeta de demanda de emprego, certificación de conta bancaria, curso de manipulador de alimentos e acreditación de non ter sido condenado en sentencia firme por delitos sexuais.

A partir desta semana podedes entregar no centro, en horario de Secretaría de 9:30 a 10:25, o Modelo de Autodeclaración que está no documento adxunto, así como a solicitude para colaborar no comedor. 

Distribuir contido


by Dr. Radut