Os órganos da función de relación
Órganos dos sentidos
Os órganos dos sentidos son os encargados de recibir estímulos, tanto internos como externos.
· Vista: o sentido da vista é o receptor dos estímulos luminosos. Está localizado no ollo.
· Oído: o sentido do oído é o encargado de recibir sons. Está localizado no oído.
· Olfacto: o sentido do olfacto é o receptor dos olores. Está localizado no nariz.
· Tacto: o sentido do tacto é o encargado de percibir texturas, temperaturas, formas... Localízase na pel.
· Gusto: na lingua localízanse as papilas gustativas que son os receptores do gusto. Tradicionalmente recoñécense catro sabores: doce, salgado, amargo e acedo. Pero hai un quinto sabor: o umami, se queres saber algo máis sobre el preme aquí.
· Outros sentidos: ademais destes cinco sentidos o ser humano ten receptores específicos para recibir outros tipos de estímulos como a dor, o equilibrio, a percepción de onde se localiza cada parte do noso corpo, a profundidade...