Disección de pulmóns e do corazón
OBXECTIVO: Observación dos órganos do aparato respiratorio e do circulatorio dun cordeiro
- Distinguir os órganos do aparato respiratorio: tráquea, bronquios, bronquíolos, lóbulos dos pulmóns.
- Disección do corazón e recoñecemento das súas partes: Anatomía externa e interna (cavidades, grosor das paredes), vasos sanguíneos
MATERIAL NECESARIO:
- Cubeta de disección
- Tesoiras
- Bisturí
- Luvas
- Palliñas
- Pulmóns e corazón dun cordeiro
APARATO RESPIRATORIO
1. Observa a tráquea: a súa forma, aneis, cor, bifurcación dos bronquios. Introduce unha palliña pola traquea e sopra.
2. Observa os bronquios ao cortalos: bifurcación dos bronquios
3. Observa os pulmóns: a súa cor, textura, aspecto, son duros ou brandos. Conta os lóbulos de cada pulmón.
4. Unha vez teñas observado estes órganos, separa o corazón dos pulmóns cortando as venas que os unen.
A. OBSERVACIÓN DA ANATOMÍA EXTERNA DO CORAZÓN
1. Deposita o corazón limpo de graxa sobre a cubeta de disección.
2. Observa a membrana que envolve ao corazón, é o pericardio.
3. Orienta o corazón: a cara dorsal é a máis plana e ten un suco case perpendicular; a cara ventral é puntiaguda e convexa e ten o suco oblicuo.
4. Observa o seu tamaño, a súa forma e recoñece as aurículas e os ventrículos.
5. Identifica arterias e veas axudándote dunha palliña. As arterias permanecen abertas e as veas aparecen máis aplanadas
B. DISECCIÓN DO CORAZÓN: OBSERVACIÓN DA ANATOMÍA INTERNA
1. Coloca o corazón na cubeta de disección, sobre a cara dorsal (posterior).
2. Cortamos iniciando o corte pola arteria pulmonar, por riba do suco anterior, abrindo o ventrículo dereito.
3. Introduce a palliña por unha das veas pulmonares ata a aurícula esquerda.
4. Corta agora dende a aorta por debaixo do suco anterior, abrindo o ventrículo esquerdo. Observa as válvulas.
TRALA DISECCIÓN, Contesta ás preguntas no teu caderno:
1. Por que o pulmón esquerdo é máis pequeno có dereito?
2. Como son os aneis que forman a tráquea e cal é a súa función?
3. As paredes dos ventrículos son musculosas, pero que ventrículo ten a parede máis grosa? ____________________________ Sabes por que?
4. Estes son os órganos que observaches, clasifícaos segundo o aparato ao que pertenzan: larinxe, tráquea, corazón, bronquios, arterias, veas.
Falta algún? Engádeo
Aparato Respiratorio | Aparato circulatorio |
5. Fai debuxos do observado
Última modificación: domingo, 28 de febreiro de 2021, 12:38 PM