Imos a estudar a anatomía dun peixe, para isto necesitamos:
- Ir á peixaría, mercar un peixe avisando a/o peixeira/o de que non o limpe
- Unha bandexa máis grande que o peixe
- Tesoiras, pinzas, luvas
- Caderno para anotar o que vexas e facer debuxos.
- Cámara de fotos.
Anatomía externa:

Observa a forma do corpo e a estrutura da pel.

  • A posición, o número e a forma das aletas.
  • A liña lateral.
Anatomía interna:
  1. Observa as branquias baixo os opérculos.
  2. Fai un corte coa tesoira dende o ano ata a cabeza, sube cara arriba cortando o groso paquete muscular. Fai outro corte vertical dende o ano ata a zona media, quítalle o lombo (un filetiño de peixe)
  3. Observa os músculos e o esqueleto (espiñas)
  4. Observa o corazón, o fígado, o esófago, o estómago, o intestino e a vexiga natatoria.

     bránqueas  disección de peixe

  

Pódese aproveitar para diseccionar o ollo do peixe e observar o cristalino
disección ollo   cristalino

Última modificación: domingo, 28 de febreiro de 2021, 12:27 PM