Herbario fotográfico
Un herbario é unha colección de plantas ou partes da planta con información relevante sobre esa especie.
Esta actividade consiste e recoller e compartir información interesante respecto ás plantas, identificalas e describir como é a súa raíz, o talo, as follas atendendo á forma, ao borde se é de folla caduca ou perenne. Se ten flores ou non, usos que se lle dan... SEMPRE aplicando os contidos da unidade.
TAREFA: Escolle unha planta e achega información sobre ela: o nome común da planta e o nome científico, descrición, foto vosa coa planta e algunha curiosidade, uso... Non fai falta secala é un herbario fotográfico, basta coa foto e o texto, podes crear todas as entradas que queiras. Fai click en engadir novo artigo e completa a información.
Recursos: Pl@nNet que che permite identificar plantas a partir dunha imaxe (está en inglés)
Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS
O |
---|
O Carballo
Nome científico: QUERCUS ROBUR
Familia: Fagaceae
Outros nomes: carballo común, carballo veriño, carballo bravo ou simplemente carballo.
Hábitat: É autóctono da Europa atlántica e continental. En Galicia foi a especie principal durante séculos.
Descrición: O Quercus robur é unha árbore grande de folla caduca duns 15-20 metros de alto (excepcionalmente acada os 40 m). A circunferencia vai dos 4 aos 12 m nas carballas máis vellas. Tronco: O tronco é groso e curto. Follas: ten follas de 7–14 cm de longo, cun pecíolo curto de 2–7 mm de longo. Nalgúns exemplares, especialmente no sur de Galicia, onde o clima é máis temperado, a folla non chega a caer no inverno, aínda que si cambia a cor. Ten flores? Si. Ten Froito? Si, de tipo noz, duns 2 cm de longo, liso e verde-pardo. Usos: Moi demandado para a industria do moble e da fabricación de bocois. Curiosidades: O carballo de kaive, na Letonia, cunha circunferencia de 10,2 m, é a árbore máis grosa de Europa. | ||