O Carballo

 

 

Nome científico: QUERCUS ROBUR                                                      

 

 

Familia: Fagaceae

 

Outros nomes: carballo común,  carballo veriño,  carballo bravo ou simplemente carballo.

 

Hábitat: É autóctono da Europa atlántica e continental. En Galicia foi a especie principal durante séculos. 

 

Descrición: Quercus robur é unha árbore grande de folla caduca duns 15-20 metros de alto (excepcionalmente acada os 40 m). A circunferencia vai dos 4 aos 12 m nas carballas máis vellas. 

Tronco: O tronco é groso e curto.

Follas: ten follas de 7–14 cm de longo, cun pecíolo curto de 2–7 mm de longo. Nalgúns exemplares, especialmente no sur de Galicia, onde o clima é máis temperado, a folla non chega a caer no inverno, aínda que si cambia a cor.

Ten flores? Si.

Ten Froito? Si, de tipo noz, duns 2 cm de longo, liso e verde-pardo.

Usos:  Moi demandado para a industria do moble e da fabricación de bocois.

Curiosidades: O carballo de kaive, na Letonia, cunha circunferencia de 10,2 m, é a árbore máis grosa de Europa.

» Herbario fotográfico