HÁBITAT: É orixinario de Asia. O seu cultivo extendeuse pola costa mediterránea debido o seu clima.
DESCRICIÓN: É unha pequena árbore perenne, da familia das rutáceas, que pode alcanzar os seis metros de altura. Posúe cortiza lisa madeira dura e amarelenta moi utilizada en ebanistería. Ten moitas polas; as súas follas son elípticas, de cor verde mate, acabadas en punta, con bordos ondulados ou dentados. As súas flores son aromáticas, con pétalos brancos tinxidos de rosa no borde e con moitos estames. O seu froito é o limón, ten moita vitamina c e ácido cítrico.
CURIOSIDADES: Existen moitas variedades de limoeiros, existindo limóns doces, limóns máis agres e tamén uns limóns pequenos de cor verde moito máis agres chamados lima.