Arbutus unedo
Familia:
Ericaceae
Outros nomes:
Moragueiro, Morogueiro, Madroño
Hábitat:
Aparece en zonas cálidas de Galicia, en matogueiras e bosques.
Descrición:
Arbusto de 4 a 7 metros con Talo leñoso e duro con cortiza delgada e avermellada e pólas que medran desde o chan.
Follas perennes, simples, lanceoladas co borde case enteiro ou serrado. De cor verde escura, brillante na face e mate no envés.
Flores brancas, colgantes ao final das póla
Froito é esférico, brando entre vermello e laranxa e madura no outono. Chámase morote, marogo ou morogo. s. Florece no outono ou principio do inverno.
Reprodúcese por sementes
Usos:
-O seu froito é comestible e con el faise marmelada ou licores.
-A súa madeira úsase para mangos de ferramentas, leña e carbón.
-Úsase como remedio para curar as infeccións urinarias.
-É unha planta ornamental en parques e xardíns.
Curiosidades:
Vai no nome do blog da nosa biblioteca escolar: A sombra do érbedo
Aparece no escudo da Comunidade de Madrid.
» Herbario fotográfico