A materia e os materiais
O Universo está repleto de obxectos. Algúns enormes como os planetas, outros minúsculos como o po. Incluso hai substancias que non podemos ver como o aire.
Pero, sabes que teñen en común todas estas cousas? Están formadas por materia. Os seres vivos tamén somos materia.
Imos coñecer as súas características máis importantes e isto permitiranos construír obxectos útiles.
2. Propiedades características da materia
Cada material ten unhas propiedades que fan que sexa axeitado para uns usos determinados.
Olor
O olor é unha propiedade dos materiais que se aprecia co sentido do olfacto. Algunhas substancias, como a auga, son inodoras (non teñen olor).
Estado
Os materiais poden presentarse en estado sólido, como a madeira; líquido, como o leite, e gasoso, coma o aire.
Na natureza, a auga pode estar en estado sólido (xeo), líquido (auga líquida) e gasoso (vapor de auga)
Cor
Cada material ten unha cor característica. A arxila é marrón, o carbón é negro, o algodón é branco, o ouro é amarelo, etc.
Textura
A textura dun material é unha propiedade que se aprecia co sentido do tacto. O vidro é liso, o granito é rugoso, a seda é suave, etc.
Fraxilidade
Un material é fráxil se rompe con facilidade ao golpealo. A cerámica é un material moi fráxil.
Elasticidade
Os materiais elásticos pódense deformar, pero logo recuperan a súa forma anterior. Estes materiais empréganse para fabricar, por exemplo, camas elásticas.
Dureza
Indica a resistencia que ofrece a materia a ser raiada, o talco ten pouca dureza porque se raia coa unlla e o diamentae é o mineral máis duro, só se pode raiar con outro diamante.
Resistencia
A resistencia dun material indica a capacidade que ten para soportar un peso sen romper. O aceiro e o formigón son materiais moi resistentes.
Magnetismo
Os materiais con propiedades magnéticas, chamados imáns, atraen obxectos de ferro ou aceiro, como cravo ou clips. A magnetita é unha rocha que presenta magnetismo natural.
Condutividade e illamento térmicos
Un material é bo condutor térmico se deixa pasar a calor, coma o ferro, o aceiro e o cobre. Un material é illante térmico se non deixa pasar a calor, como a madeira, a cortiza e o plástico.